“Pero hai unha parte ilexítima da débeda pública. Kant dicía que unha persoa podía tomar parte legal en actos ilexítimos. Un goberno elixido legalmente emite títulos de débeda legal, pero esa débeda convírtese en ilexítima porque non respecta principios básicos de equidade nin de xustiza. Contratan débedas para rescatar banqueiros e sociedades inmobiliarias que tomaron posicións arriscadas e causaron crise. Este aumento da débeda pública é ilexítimo, non serve aos deberes do Estado sobre a súa poboación xeral. Por iso afirmo que hai débedas odiosas na UE”. Éric Toussaint
Despois non queda moi claro se quen fala é Éric Toussaint ou Marga Tojo que seu é o artigo no Dioivo ou Alexander Sack, que non está nada mal:
A débeda odiosa é unha doutrina do dereito internacional elaborada por Alexander Sack, antigo ministro do Zar, emigrado en Francia logo da Revolución de 1917, profesor de Dereito en París, en 1927, que di exactamente: “Se un poder despótico contrae unha débeda, non para as súas necesidades ou as necesidades do Estado, senón para fortalecer o seu réxime despótico, para reprimir á poboación que lle combate, esta débeda é odiosa para a poboación do Estado enteiro. Esta débeda non é obligatoria para a nación: é unha débeda de réxime, débeda persoal do poder que a contraeu; en consecuencia, desaparece coa caída dese poder”.
Gústalles a música? Se lles gusta saian correndo de aquí e vaian á Semana de Filosofía coa que enredan estos días en Pontevedra.
_

Nenhum comentário:
Postar um comentário