A penitente carteira de don Xerar Ilusión






















“Francamente me llama poderosísimamente la atención el tener conocimiento de que parece ser vuelvo a insistir porque es una información periodística que existe un una querella presentada por parte del ministerio fiscal eh contra mi persona no bueno no sé si contra mi porque vuelvo a repetir porque es que no sé nada no por lo tanto hombre yo lo primero que tengo que manifestar es que bueno no tengo conocimiento de la presentación de esa querella yo no he sido notificado de nada no tengo ninguna notificación no conozco los términos de la misma y por lo tanto bueno pues lógicamente hasta que no conozca los términos de la misma en que se fundamenta cuales son eh bueno pues las peticiones que formula etc. etc. pues hombre resulta muy difícil resulta muy difícil defenderse no.” Don Xerar Ilusión

Pensaban que despreciar o galego non servía para nada? Trabucábanse: serve para falar un castelán primoroso e defenderse do acoso dos cans da prensa e os lobos do Ministerio de Facenda. Sen levar o discurso preparado, aforrando en escribáns, que só por darlle a corrixir ortografía no Word xa cobran unha pasta, esos si que son defraudadores, premen F13 e fican sentados como místicos mentras a impresora comeza a cuspir as palabras transcendentes.

Don Xerar Ilusión non precisa farsantes que vivan do erario municipal; hai que ser austeros como Frijolito, aforrar por tódolos lados, así que non lle recriminen que non pagara 291.000 euros de IVE a Facenda cando está a investir na súa santa cidade.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Se non é capaz de dicir "Son inocente. Nunca defraudei a Facenda" será por algo.

Unknown disse...

Non señor, lea vostede ben, mentras non coñeza os termos da mesma, e mentras os termos da mesma non manifesten coñecemento da querela que formula a notificación... eh, pois bueno loxicamente a presentación do ministerio fiscal dunha información xornalística que existe pero non é real, entendes, e ao non ser real... eu que queres que che dija, meu rei, eu... eu... eu son unha excelente persoa, e moi traballador!

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet