A vila foi visitada por María Cristina de Habsburgo-Lorena

Imos cun pouco de punk da casa (o da casa é un claim infalible, intocable, dende antes de que nos meteran o anglicismo). Chámanse Terbutalina e saíron do fermoso e castigado concello de Muros. Agradecidos ficamos a quen nos puxo sobre a súa pista. O seu primeiro disco, Broncodilatador, pódese escoitar e descargar aquí, onde explican marabillosamente de que van. Resume:

“Cada dose de BRONCODILATADOR contén vinte e pico minutos de gastropunk a toda hostia”

Lembran aos primeiros Siniestro Total, o sisudo analista mareará con que se punk e garaxe e ska e surf, a quen lle importa se nos quitan vinte anos do lombo en minuto e medio, eso si, baixo receita médica.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Hai que poñerse en contacto cos do SERGAS: de agora en diante que poñan o disco enteiro en urxencias e que se deixen de lerias: fan máis pola saúde estes rapases en 20 minutos que calquera sistema sanitario repagado.

Unknown disse...

Si, entre eso e os "medicamentos das Rías Baixas" dos que falan, os galegos estamos dispostos a darlle polo cu ao FMI con eso de que a xente vive demasiado :)

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet