Terei que escribir a necrolóxica, pensei ao enterarme da morte de Avelino Pousa Antelo, este ano que me empurra á especialización no xénero (sentimento, afastamento, documentación, habilidade), fino xeito de dicir este ano que me meteu a cabeza no váter e aquí estamos, tira da cadea se queres. Afortunadamente, antes de poñerme ollei o vídeo que colgaron en Praza Pública e logo fun xantar que eran horas. Así remata el a súa intervención na Quintana 2009, “vai sendo hora de pensar que temos que facer algunha función importante que é ir xantar”, quitándolle importancia ao resto, é dicir, dándolla, mais ríndose do eco da megafonía.
Mañá ás doce instalarán a capela ardente no centro cultural da Ramallosa, a carón do Concello de Teo. Eu desta non vou, o mesmo me atopo co vómito ofimático de Frijolito e non teño gañas de montala, o mestre non se merece espectáculo tan pobre. O que queira saber del non ten máis que escoitar a nova cicatriz do vento. Bo proveito.
_

2 comentários:
Concordo, o mestre non se merece un espectáculo tan pobre.
Pero se ao final te animas e vas montala co Frijolito avisa, que vou contigo e levo un par de machadas e algún sacho asasino, e de paso avisamos aos da Coz, para que mañá xa teñan 1ª páxina adicada a Frijolito, pero por algo distinto...
Agarrádeme, agarrádame que non respondo de min.
Postar um comentário