Aquí teñen ao Escribidor preparado para recibir outro premio, uns días despois, esta vez, o que xa é un valor en si mesmo, de mans do ínclito Aznar, co que departe co enxeño e sabedoría característicos de ámbolos dous. A medida do profundo e alado da súa conversa está na expresión de Mariano, escoito pero non entendo o que din, estos intelectuais é que non saben falar como falamos as persoas normais, como esa maioría silenciosa que me apoia.
- Don Mario, es usted el puto amo.
- Llámame Mario a secas, hombre, que ya son años, y el puto amo lo eres tú; yo sólo soy un pobre escribidor al que nunca le otorgarán el Nobel.
- Pero no te lo dieron el año pasado?
- Hostia, es verdad, se me había olvidado!
- Hombre... se podría hacer algo... para que fueras el primero al que se lo dan dos veces.
- La verdad, uno también come y tiene familia, qué vulgar, verdad?, y el dinero me vendría muy bien, si... me vendría muy bien.
- Tú déjame a mi.
Inda non sabemos se o único que se vai levar é unha escultura alucinante como aquela do rei, mais supoñemos que non, sería de mal gusto non estenderlle un xeneroso cheque.
_

Um comentário:
Non te enfades, que che sube a bilirrubina e é malo para o teu. Tómalle a pílula amarela co chupito de caña das 10 da mañá, a ver se me vas mellor :)
Co Escribidor hai todo un filón. Se cadra non estaría mal facer un "estudo de investighasión": buscar todos os premios que lle levan dado e sumar as cantidades de cartiños que xa leva no peto.
Ou non, que igual nos cabreamos todos e acabamos tomando tamén pílulas, ou chupitos de caña directamente, sen pílulas nin caralladas.
Postar um comentário