O macho alfa

Está de moda esa expresión, o macho alfa, prototipo de triunfador, seductor, forte, dominante e mesmo con talento. Velaí dou exemplos:




<>

Polbeiro

pota de cobre
almirante no barco
da fame negra
<>

O vinagre rápido de Alfaro



Hoxe estamos nostálxicos. Sen ningunha razón, porque si. Buscar e escoitar cancións sen motivo debe ser malo, como escoitar “boa música” ou “calidade” (un dos peores substantivos do diccionario). Atopamos algúns discos dos Church e dos Surfin’ Bichos. Internet, neste caso, ofrece unha curiosa perspectiva. As entradas sobre estos grupos son escasas. Os vinilos están gardados. As cancións non soltan un significado directo (igual aí está a nostalxia).

Por eso se refiren aos Surfin’ Bichos, o primeiro grupo de Fernando Alfaro, como un “grupo de culto”, etiqueta que non nos gusta nada; cando con Chucho soaba nunha película de Alejandro Amenábar. A ese que lle dean, o noso son os Surfin’ Bichos.
<>

Criatura


<>

Do lado de Blas de Otero

Onte escribía Luis García Montero sobre a Realidade Política, a Santa Transición e Blas de Otero. García Montero, profesor e poeta, ten verbo e boa fe, sabe do que fala, aínda que para o meu gusto nos seus artigos lle sobre algo de poesía barata: “la actualidad, como un rocío sucio en el vientre de los prados...”. Perdón, de listo troquei “verde” por “vientre”. Ao tema; contaba o poeta que lle entrara a Blas de Otero nunha homenaxe a García Lorca, confesándolle influencia e admiración, para que lle asinara un libro, e que o bilbaíno lle dixo: “Espero que algún día puedas perdonarme...”

Remataba o artigo dialogando co propio Blas de Otero: “Hoy comprendo sus melancolías, don Blas [...] no sólo está perdonado, sino que, además, merece la pena”. Ao final vai ser certo que o que conta é a Actitude, sempre maniquea, aínda que sexa unha cursilada para maior difusión de Mojo, o NME e o EP3 de Cebrián.
<>

Unha vaca chamada Borbón

Hai que ver cómo lle entrou o medo no corpo a España enteira coa operación á que foi sometido El Rey. Exceptuando a catro saídos de ultraesquerda, todos se preocuparon por ese tumor benigno, ou o que fora; ata El Mundo e Jomeini Losantos, que aborrecen ao Borbón por blando, politizado, sen aura algunha de todopoderoso e sagrado e español, se cortaron de desexarlle a morte, cando hai tan só uns días criticaban o trivial feito de que nas fotos oficiais do Príncipe de Asturias tiraran de Photoshop.

A morte inspira piedade, sentimento relixioso, e cautela, sentimento político. Sentimentos transitorios, en todo caso; ao da vaquiña polo que vale hai que sumar a esquizofrenia, mais non nos preocupemos os súbditos que todo é refundable, como o capitalismo.
<>

Antón está de viaxe (VII)

Alex sabíase impecable dentro do traxe; repetiu o costume de levarse as mans á gravata ao sentir a máis pequena ameaza ou incomodidade, gordas arañas loiras tecendo o seu eterno nó de seda. O lustre dos seus Church’s, Oxford semi-brogue, reflectía facianas secas, erosionadas, idas en décadas incesantes de nubes de augardente. A ver, Carlos, un café con leite, sin espuma e con sacarina; ¿ti tamén, Samuel? non me amolar, o médico vai acabar con vos e conmijo. Estaba a tempo de rectificar, pensaba Alex, o café era tan malo; non se explicaba porqué Antón seguía frecuentando ese bar que se resistía sen ningunha heroicidade á entrada da vila no século XXI e as ofertas das axencias de viaxes; que se o levaba o avó cando neno e lle mercaba unha Mirinda, que se era o único sitio que quedaba con tabaco de contrabando; entras, colles o tabaco e saes; Antón non era o que se di un romántico. Alguén mandou silencio, falaban no telexornal da visita do arcebispo a Negra Esmeralda para bendicir a igrexa nova: confirmada a asistencia do presidente da Xunta, o presidente da deputación, o superdelegado da provincia, o presidente nacional do PP, o alcalde e o arquitecto, que voaría expresamente dende a súa residencia en Nova York, así como o Presidente do Goberno e a súa familia, sete anos xa gozando das súas estreitas vacacións entre a hospitalidade esmeraldeña.
- Estás?
- Pues claro que estoy, o no me ves!
- Ben. Qué tal, Carlos? Xa me enterei de que este ano non che vai vir o rei a pola súa caixa de licor café.
- Quitaríallo o seu médico. Están todos...
- Bueno, ponme a min unha copiña rápida, que nos temos que ir, e dame un cartón.
- Piensas aprovechar –díxolle Alex– para vender un cartón de tabaco en Madrid?
- Je-je-jé, qué gracioso. Non, pasamos un momento pola miña casa, mentras me pego unha ducha podes ir traballando un pouco, para o viaxe.
- No puedes beber – lembrou Alex ao ollar como Carlos enchía contra as ganancias de calquera taberneiro unha copa basta, de esferas grises, opacas, sucias, que rompían arredor dun centro negro e viscoso.
- Ajías ti, Schumacher, ou prefires que te chame Schumi? Xumi, con x, ¿non? Ah, xa me olvidaba que ti eres de Fernando Alonso.
- Yo “ajío”, tú no te olvides cuando te hagas la toilette de cepillarte los dientes y enjuagarte la boca con Listerine Total.
- Cómo es, la “tualé”?
- Es en francés.
- Xa, xa... ahora traen putitas francesas al parque de atracciones? Ah, las francesitas, amantes expertas, guarras como ellas solas, una vez...
- Hay que irse, Antonio.
- Vale, te lo cuento durante el trayecto, fue un día y una noche muuuuuuuuy larga, jaja. Vamos. Vamoallá. ¿Deixas o teu coche na miña casa?
- O dejas tú el tuyo.
- No, vamos en el mío, la mierda esa del Bentley capaz es de dejarnos tirados.
_

Entrevista a Evaristo Páramos



Hoxe entrevistaron a Evaristo, o da Polla, en Carne Cruda, programa de Radio 3 con sona de transgresor e bárbaro. O guión sustentábase na historia do grupo, nas anécdotas dos seus inicios, cunha liña de teléfono habilitada para que os oíntes lle preguntaran o que quixeran. Antes que para preguntar, chamaban para eloxialo; agás o primiero, máis preocupado en que apoiara a folga dos xardineiros de Madrid. O segundo insistía en que era un intelectual, que era a puta hostia e o dicía de corazón.

- Vale, tío, porque se nota que lo dices de corazón, no voy a hacer ningún comentario. Un intelectual, un intelectual, yo...

O tipo non daba colgado pero si, era de corazón. Crudo, o presentador, quería algo máis “profundo”, contradictoriamente, porque non se saiu do previsible: punkis de postal, críticos, Igrexa... Estivo ben o, qué temos que andar sempre a pedir o sublime.
<>

Un crebafolgas chamado Emilio ou Miguel



Hoxe é o día internacional dos traballadores, xa saben, reivindicación da memoria dos mártires de Chicago. 1º de maio de 1886, folga, uns pirados anarquistas reclaman 8 horas de xornada laboral, loitas na rúa, revolta de Haymarket, 5 aforcados, todo controlado. Controlouse entón e segue controlado no modernísimo S. XXI, aínda que algúns non o crean. Quén vai acudir hoxe ao chamamento da UXT, CC.OO. e a CIG? O 15,46% de parados? Os que curran 12 e 14 horas por un soldo perfecto para endebedarse? Irán os propios sindicalistas, que son máis funcionarios que sindicalistas, algún profesor, o médico do SERGAS ao que lle toca o día libre e mesmo te podes atopar, na alameda festiva, ao director da sucursal bancaria do teu barrio.

Os mártires de Chicago? Aquí non nos lembramos nin da folga do metal de Vigo (uns vándalos) do ano pasado. Todo controlado; está todo pechado, o comercio, mesmo El Corte Inglés, pero non hai que preocuparse, que para compensar, e aproveitando que é o día da nai á que algo temos que agasallarlle e durante a semana non tivemos tempo, seguro que abren todos mañán domingo.
<>

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet