Ao polbo ese do acuario de Oberhausen van mazalo como nunca se mazou un polbo. Non van abrandalo, van mazalo, van pulverizalo. A mesma chancelera ofrecerase, con luvas e látego de dominatrix. Non sairá unha tapa dos seus raxos; qué culpa terá el. Alemaña, a temible Mannschaft, renovada e histórica, goleadora, vertical, toque e fame e orde e forza, xogou como xogan todos contra España; intuíase un perigo, dende logo, e só recibiu un gol como puido non recibir ningún. Sería inxusto que pasara.
Segundo os que entenden de fútbol, España suponse que xogou ben os últimos dez minutos, pero voltemos ao polbo; non se pode traer para aquí, para as Rías Baixas? Os mariñeiros farían unha excepción con el, demostrando así o seu amor á patria.
<>
Un punki no condado de Kent

O que ollan enriba son fotos e cadros de Steven John Hamper. Non é familia do doutor Livingstone; de nome artístico Billy Childish, el considérase irmán de Dostoievski e Van Gogh, con modestia ou sen ela. Leva publicados máis de 100 discos, con máis de 600 cancións ao seu nome, 40 libros de poemas e 3 novelas. Pintou máis de 250 cadros (a información debe ser errónea, teñen que ser abondo máis). Non se trata de que prefira a cantidade á calidade, é que fundou un movemento artístico chamado “stuckism” para rebelarse contra a sofisticación e tanta teoría da arte británica, contra as galerías e os marchantes... en fin, contra todo o que se movía e, con máis predilección, contra o que non se movía. Como din nas reseñas, o seu é a inmediatez, o amateurismo e a expresión emocional básica.
Nesta páxina atoparán máis sobre el e links.
<>
Etiquetas:
música
Premio á mellor cacheira de mamut
Este vídeo recolle as bases do éxito dunha campaña de Bosch en Alemaña. Promocionaba neveiras e conxeladores con VitaFresh, unha tecnoloxía que seica conserva os alimentos máis tempo, moito máis tempo. Durante unha semana, a marca colocou na sección de conxelados de 24 supermercados xermanos chuletas de mamut, patas de dinosaurio e filetes de tigre prehistórico. Falsos, enténdese. A exposición apoiábase en anuncios por megafonía, música dos Picapedra, folletos e as propias etiquetas da carne (a tipografía, perfecta), coa publicidade de Bosch e un código QR, desos que ao pasarlle un móbil intelixente por riba conéctache directamente coa web. Esta subiu o seu tráfico nun 236%, e a campaña gañou non sei qué premio no Festival de Publicidade de Cannes, o máis prestixioso e influente do mundo (publicidade para o publicista).
A típica vella repugnante (se me pilla Bibiana Aído ordena un xuízo sumarísimo) diríxese ao carniceiro; pon carne fresca da edade de pedra, pero non estará como unha pedra, verdade? Está tenriña como lle gusta ao meu home? Ai, eu levábache unha chuleta desas, que hai que dicir que non están mal de precio, pero ten tanta graxa aí polos lados. Aos clientes chocoulle e divertiulle.
<>
Etiquetas:
publicidade
Prédica e virtude
A moralidade é como a constitución española, un texto sagrado, intocable, que se pode manipular a conveniencia dos que detentan o poder (detentar é un castelanismo, dame igual). Ninguén pode sorprenderse, nin escandalizarse por unha conducta inmoral, posto que é intrínseca ao ser humano. O conto cambia cando todas esas persoas, máis ou menos importantes (pode ser un xornalista, un enfermeiro, o presidente da escaleira), erixidas en valedores da moral, ou do que eles queiran, mesmo da inmoralidade (guau, cómo mola, tronco!), se suben ao primeiro púlpito que teñen a man a predicar; mais non paga a pena molestarse en pegarlles un tiro.
<>
<>
Etiquetas:
política
Que se cumpra o protocolo
Estamos a favor do protocolo, a lo menos para persoeiros serios; que o aprendan e o cumpran. A xente rise, si, pero coido que é mellor que cando se esquecen do cargo que ocupan. Como a chancelera alemá celebrando o gol da súa selección contra Arxentina, ollen, Wiederholung Telefunken, bundesostiag:

Ademais, agora estas celebracións están prohibidas (polo protocolo): debe un ser considerado co presidente rival.
<>

Ademais, agora estas celebracións están prohibidas (polo protocolo): debe un ser considerado co presidente rival.
<>
Etiquetas:
fútbol
A tormenta no cartel
Micah P. Hinson está de moda en certos círculos. Quería ser escritor, escritor da escola Bukowski. Unha espiral de autodestrucción tívoo paralizado ata que puido gravar o seu primeiro traballo. En contra do que di a súa biografía, a mala sorte non foi tan mala. Ofrecéronlle medios e unha boa banda; leva xa varios discos, xira con regularidade, é un artista respectado, coido que casou (coa cursilería habitual destos casos).
Non me desgusta, pero lle sobra a actitude de literato atormentado. Como o que dicía Óscar Mariné sobre o deseño, unha pipa é unha pipa; para qué andar co cartel de “I’m a songwriter”, se ademais non vas sobrado (Henry Miller, Hemingway?).
<>
Etiquetas:
música
Óscar Mariné, deseñador
“En deseño unha pipa é unha pipa, nunca unha pipa de deseño. Habería que admitir, sen embargo, que se algunhas seguen parecendo de deseño, quizais non sexa só teima lingüística da xente, senón fracaso do deseñador.”

Estiven ollando, entre outros, o seu traballo para El País Semanal; depurou integralmente a revista de todas as horteradas e moderneces que cambiaban cada seis meses, conseguindo unha publicación limpa, estable e contemporánea. Unha mágoa que non puidera meterse tamén cos contidos e as sinaturas (utopías).
<>

Estiven ollando, entre outros, o seu traballo para El País Semanal; depurou integralmente a revista de todas as horteradas e moderneces que cambiaban cada seis meses, conseguindo unha publicación limpa, estable e contemporánea. Unha mágoa que non puidera meterse tamén cos contidos e as sinaturas (utopías).
<>
Etiquetas:
deseño
E puido cascarlle seis
Aos de Cuatro caíaselles a baba con Brasil. A tomar polo cu.
Unha gran defensa? Si, tan sólida e ordenada que en canto a apretaron un pouco marcou en propia meta.
Explosión de madurez de Robinho? Borrouse da segunda parte.
Holanda é hoxe en día un equipo discreto, con moitas limitacións, na primeira parte mereceu ir perdendo por máis dun gol, e na segunda non marcou catro porque... non ten a dianteira de Arxentina.
<>
Unha gran defensa? Si, tan sólida e ordenada que en canto a apretaron un pouco marcou en propia meta.
Explosión de madurez de Robinho? Borrouse da segunda parte.
Holanda é hoxe en día un equipo discreto, con moitas limitacións, na primeira parte mereceu ir perdendo por máis dun gol, e na segunda non marcou catro porque... non ten a dianteira de Arxentina.
<>
Etiquetas:
fútbol
The Lord be with you

O Elexido para cambiar a Historia bendícenos coas palabras litúrxicas: “The Lord be with you”, palabras que desprega coas mans como ás flamíxeras, como linguas santas (o Espírito Santo prefire tirar de megafonía), ao finalizar o discurso no que pediu a Demócratas e Republicanos que se unan fraternalmente, aparcando diferencias políticas, para sacar adiante a lei que permita legalizar a 11 millóns de inmigrantes. Non estou pensando en nada.
"Esos inmigrantes ilegais deben rexistrarse, pagar os seus impostos, pagar unha multa e superar esas probas para poder chegar a conseguir a cidadanía", dixo. E "aprender inglés" (que tamén será pagando... ui, eu non estou pensando en nada).
- The Lord be with you.
- Et cum spiritu tuo.
- What?
- And with your spirit, my friend.
- Ok.
I’m running to corruption of the spirit, qué desjrasia, El nunca sacará nada bo de min.
<>
Etiquetas:
relixión
Amor no medio ambiente
Este é o título dunha telenovela, armado con dous conceptos fundamentais, un clásico, o amor, e outro moderno, o medio ambiente, do que estamos todos tan sensibilizados. Entre os dous forman unha atmosfera etérea, unha luz de foto erótica de Interviú. As personaxes falan apaixonadamente de amor. Capítulo 627, décimo quinta tempada. A Corporación Voz non dá feito con tanta subvención que recibe. A Deputación da Coruña sóltalle 84.000 euros para financiar unha “campaña de sensibilización de actuacións en materia de protección ambiental” (qué ben-dito está, qué categoría, qué nobreza), un proxecto xestionado e promovido só nos medios da Corporación. A dotación é a última na listaxe, pero a máis elevada, dun paquete de inversións na provincia por un importe total de 4,8 millóns; como se decidiran incluíla logo de cuestionarse hai pouco La Voz de Galicia o papel e os gastos do ente provincial, anacrónico e costoso especialmente se se olla dende estos tempos de crise.
Para o mes criticarán con máis fereza á Deputación e a Deputación soltaralles o dobre de pasta. Lembran as tácticas dalgúns amantes e esposos; non hai como tratar mal a unha muller para que te queira. Non me deixes, Santiago Rey Fernández-Latorre, non me deixes, sen ti non son nada, e sabes que por ti fago o que sexa. Santiago non atende a súplicas nin razóns e a Xunta acode para axudar á súa amiga primando a V Televisión e á Cope nunha campaña publicitaria de 120.000 euros. Rematará triunfando o amor? Non se perdan o próximo capítulo de “Amor no medio ambiente”.
<>
Para o mes criticarán con máis fereza á Deputación e a Deputación soltaralles o dobre de pasta. Lembran as tácticas dalgúns amantes e esposos; non hai como tratar mal a unha muller para que te queira. Non me deixes, Santiago Rey Fernández-Latorre, non me deixes, sen ti non son nada, e sabes que por ti fago o que sexa. Santiago non atende a súplicas nin razóns e a Xunta acode para axudar á súa amiga primando a V Televisión e á Cope nunha campaña publicitaria de 120.000 euros. Rematará triunfando o amor? Non se perdan o próximo capítulo de “Amor no medio ambiente”.
<>
Etiquetas:
política
Assinar:
Postagens (Atom)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.