Informan dunha nova talla de árbores en Montalvo. Para erguer un novo edificio. O de erguer un novo edificio enténdoo sen maiores dificultades, o que xa me costa máis é o da talla de árbores, qué arbores, se quedaban catro, aquelo non daba nin para unha garita. Comenzo a sospeitar da extensión real do concello; nin a crise os detén no seu afán de cavar e construir e sempre quedan parcelas. Como se a illa de Madagascar, 587.041 km2, se desprazara dentro.
Calquera día vas á praia e topas cunha danza de lémures arredor dun baobab (dentro da urbanización). O goberno e os constructores de Sanxenxo adícanse á maxia, e da súa chistera sacan terra e ladrillo como pombas. Os guiris deben estar abraiados.
_
Eles escribirán a túa Constitución
O de constitución podes entendelo como a norma fundamental pola que se rexe un Estado ou como a constitución do teu corpo (alto, guapo, ollos azuis e un Colt-45 por fémur). Conmemoraron o aniversario do ataque contra Hiroshima. “Al acto inaugural asistieron sin duda embajador y alcalde...”, qué razón tiña Cernuda: estaban o alcalde da cidade, Tadatoshi Akiba, e o embaixador estadounidende, John Roos. A qué estaban? A conmemorar o tráxico día, non era a festa da ameixa de Carril, por eso ás 8.15 hora local, a mesma hora na que o B-59 “Elona Gay”, aquel 6 de agosto do 45, botou a bomba nuclear, eles ordenaron que soara unha campá da paz.
Cóidate de criticar nada. Os que gobernan no mundo preocúpanse pola túa seguridade e a túa paz. Eu dende logo comulgo coa boca pechada, pero chamoume a atención algo que non sabía, que a Constitución de Xapón foi redactada por EE.UU. no 47. Non sei qué será peor, que te guinden o fungo ou que te escriban a Carta Magna.

Etiquetas:
historia
O senador McCarthy tamén descansa en Compostela
Hoxe tócanos o progreso. Unha palabra guapa, O Progreso, e se lle engadimos en Compostela, O Progeso en Compostela, onde descansan os osos de Santiago Apóstolo, non nos quedará outra que dirixirnos ao ceo con beatíficos ollos de gratitude. A capital de Galicia gobernada amablemente por unha coalición de esquerda. Entre vivir nesta cidade ou deitarse con Angelina Jolie, qué escollería vostede? Tómese o seu tempo para respostar, e lea esto (clic para ampliar):

Vale que teñen unha pinta de hippies do máis ordinario, pero non fixeron ningún chamamento á insurrección armada nin nada polo estilo. Habita o espírito do senador McCarthy, o da Comisión de Actividades Antiamericanas, o Pazo de Raxoi? Seica si.

política
O corpo que respira (III)
Estou enganchándome á páxina do Correo que unha aplicada xornalista escribe dende Sanxenxo. Todos os días de agosto. Mistura a prensa rosa de segunda división (que é igual que a de primeira pero con algo menos de pasta) coa publicidade barata, porque non se corta á hora de referir se o asunto tivo lugar no Marlima, na Taberna do Náutico, na Cafetería Elcano ou na brocheta de zamburiña en crocante de millo sobre compota de cebola do Restaurante de Carmen.
Xa ven, non pasa nada, podemos seguir ao noso. Cal é o Restaurante de Carmen? Será un dos que están onde o peirao deportivo. Fixo que me tomei un viño alí sen enterarme (xa mo quitará o médico, o viño e o Correo e o non enterarme).

turismo
O corpo que respira (II)
Respira o corpo, non eu. E eso que a min non me pasa nada (estou como un carballo, a non ser que vaia ao médico...). O, qué potito, qué guapo, qué profundo, qué ben podería quedar. Literatura; ata me lembro dunha frase de Carvalho, o detective de Montalbán: “El cuerpo hará lo que yo le diga”, algo así. Qué tipo, Manuel Vázquez Montalbán, un escritor mal valorado na súa dimensión, un nivel da ostia, sabías que pasara o seu e non se queixaba (nunca de si mesmo), non ía de víctima “con carácter retroactivo” (agora saltarán como leóns os intelectuais da esquerda insubornable dicindo que escribía en El País, que debería ter escrito en catalán ou en galego... paiasos).
_
_
Etiquetas:
política
O corpo que respira
Non entendo a dor. Entendo a enfermidade; o corpo está jodido e te avisa, lévame ao médico. Vas ao médico, para que te diagnostique e te receite un tratamento e, se é preciso, quenda para unha operación cirúrxica. Qué sentido ten a dor nese contexto controlado, controlado e contrastado (porque a doenza obriga á hipocondría ao máis despreocupado)? A culpa non é do doutor, claro, é do idiota que se fai preguntas cando xa só ten idade para boas respostas.
Entendo o corpo que non está enfermo. Negándome a ser un santo, procuro agora non pasarme moito con el. Tuberculose de novo, o virus e pouco máis; desestimei a literatura decimonónica arredor da enfermidade, pero algo sentía, un baleiro vermello.

eu qué sei
O pregón do Apóstolo; crítica e vergoña
A modo con aquelo ou aqueles cos que nos metemos, posto que en certa medida non somos máis que o negativo do que criticamos. Uns máis que outros, tamén é certo. Eu, por exemplo, podo rirme de Yolanda Castaño na noite do pregón das festas; cinguida de Anne Igartiburu en azul-Miño cun echarpe (a moza controla destas movidas) a xeito de constelación arredor dos ombreiros, Pléiades tecidas en gasa; por aquelo, supoño, de que “Santiago é un libro cósmico” e “o rueiro sentimental da súa feminidade”. Ou podo rirme de Yolanda Castaño nun recital de poesía cunha camiseta de Rosalía de Castro ao Andy Warhol.
Qué diría ela se, por unha conxunción astral das súas, lera estas liñas? Podo asegurar sen falsedade que seguiría ríndome, pero a miúdo a crítica é unha razón que lle brindas ao inimigo (en caso de ser ou consideralo como tal).
Podo dicir: Follar con Yolanda Castaño debe ser como facelo cun maniquí con iPad incorporado que che vai recitando versos de Dante. Non pasa de percepción anecdótica, de parvada, de molestia en nome da cidadanía por escollela a ela e ao seu compañeiro Jorge Mira en lugar de calquera humorista de oficio.

festas
Unha estatua ecuestre para Xurxo Borrazás
O que teña tempo, e sempre hai tempo para o interesante, cando non imprescindible, que lea este artigo que me enviaron hoxe: FAES, o fascismo ilustrado. Ao comenzo semella que o autor, Xurxo Borrazás, vai enredarse con certa erudición filosófica, pero de contado enfía unha análise lúcida, demoledora, que todos podemos entender deste think tank da máis rancia dereita, reparando na súa política de despolitizar, de desmovilizar á sociedade, vendendo unha marca de prestixio que agacha os principios radicais do poder... En fin, lean, lean.
Xurxo Borrazás xa me caía ben, pero logo de ler o artigo estou por pegar un póster seu na habitación, ou como os Les Luthiers: “¡Mira, mira, juglar! Mira la estatua que lo inmortaliza sobre brioso corcel... Yo, en mi vanidad, ordené que gastaran los dineros del reino en una estatua ecuestre, cuestre lo que cuestre”.

O que non traballe non merece ser galego

Este é o intre no que Xunta, patronal e sindicatos selan ante as cámaras o pacto social para crear emprego. El Correo Gallego é contundente na súa análise: mentras en Madrid aproban contra natura unha lei que facilita o despido, Feijóo logra un consenso baseado en 15 acordos aos que se destinarán 1.000 millóns de euros ata o 2013, máis 400 en inversións a través do Igape; destas cifras, 110 millóns adicaranse exclusivamente a incentivar a contratación de 25.000 traballadores entre 2010 e 2013. Aínda non sabemos en qué van traballar, pero, por favor, non arruinen a foto. Pensemos, ademáis, que este é un pacto realista; non garanten o que eu cría, que a finais de ano a porcentaxe de paro en Galicia sería de -17’68, moita xente sen dar feito, con dous, tres e ata catro curros.
Podían estar celebrando o gol de Iniesta, pero non, Feijóo e máis os outros protagonistas do diálogo son xente seria, honrada, comprometida e traballadora (que xa queda pouca xente así, sobre todo traballadora). Os cartos fixo que os gastan; Feijóo cambiará as gafas en Tchin Tchin Afflelou e Beatriz Mato tomará algunha sesión máis de raios UVA (costela de ouro da vindeira festa do churrasco). O que sobre, para os gaiteiros.
_
Etiquetas:
política
Assinar:
Postagens (Atom)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.