Imaxenio

A tarde pechados na urna de cristal pulindo o tema do concurso. O xefe, a súa amiga publicista e aquí un ignorante. Ela encarregouse dos timings, o naming, o brainstorming e o briefing, ademáis dos textos.
- Conquerir unha imaxe de marca que cale no imaxenio colectivo, ese é o tema.
- Será "subconsciente colectivo".
- Non, imaxenio. O imaxenio é un valor obxectivable, que se pode acadar cun enfoque correcto das sesións de traballo, mentras que subconsciente é un valor pasivo...
- Ah, eu pensaba que era a televisión dixital que venden os de telefónica...
- Señores -corta o xefe-, nos estamos desviando, o prazo acábase e eu estou saturado e empezo a estar nervioso e a non saber nin qué estamos facendo.
- Reláxete, home -dille ela-, ¿por qué non saes un rato fora? Non hai que perder a intelixencia emocional.
- ¿A qué?
- ¿Non sabes que é? Ei deixarte un libro que teño moi bo sobre intelixencia emocional. Podo deixarcho a ti tamén, Miguel, ¿queres?
- Oh, si, queimar libros é moi liberador.
- Bueno, centrémonos, por favor, cen-tré-mo-nos.
Esta tía é que non é exactamente un ser humán, é máis ben un libro de autoaxuda con patas, coa boca chea de tecnicismos e mentiras e unha vaidade e unha cobiza ás que só lle pon freo a súa propia estupidez.

2 comentários:

Anônimo disse...

que te pone, vaya xD

Unknown disse...

Oh, si, é unha ecuación da que se tira moito: se falas mal dunha persoa é que tes algo con ela. Eu, home feble, debo estar colgado de medio mundo

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet