Pregunta retórica seca

Non remataron de escanciar a sidra da responsabilidade, pero din que en Asturias UPyD podería levarse a chave do goberno rexional. Esto de ser a chave, opina o sisudo analista da vida política do pobo, pon cachondos aos partidos, tendo que esforzarse neste caso por borrar da cabeza as imaxes de Rosa Díez e Savater coas mans embaixo dos escanos. Poden pactar PSOE e IU, ou Cascos co PP. Non se lle albisca moita chave ao partido magenta, aínda que a democracia nos ensine que a democracia non existe.

O mesmo tema son as posibles alianzas entre PSOE e IU, precisas tamén en Andalucía se non queren que goberne o PP. O faquir coida que o lume ou os cristais rotos son unha mala ilusión, como o PP e o PSOE, e o marco actual impide sacarlle rendemento a unha política de mínimos.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Na derradeira frase está a clave: "...sacarlle rendemento a unha política de mínimos".
Cantas xeracións máis farán falta para conseguir ter unha caste política que non queira "sacar rendemento" (de ningún tipo) senón "procurar o ben común"?.

Si, xa sei, son un incauto idealista.

Unknown disse...

Oia, vostede pensa que políticos de altura como Cospedal ou Frijolito están aí polo carto?!

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet