Estou para que me pechen nun psiquiátrico con tódalas garantías; electroshocks e camisa de forza, imposibilidade de reinserción na sociedade, reclusión perpetua, e non, non prendín eu o lume nas Fragas do Eume; a queimar carballos ou abeleiros ou ameneiros non lle saco pracer, mais a mollar políticos con gasolina e tirarlles un misto, si; ningunha substitución sexual ollando como arde Frijolito e os seus amigos, un acto de responsabilidade, sen remorsos, obtería a cambio o pracer, a paz, se queren, que dispensa un traballo ben feito.
Nos vindeiros días prenderán a algún matado, untado ou non, tanto ten porque no fondo todos van untados, porque os verdadeiros pirómanos gastan baleira e torpe prosodia de marketing e residen en espacios protexidos como Monte Pío ou Moncloa. Xa me vexo cos ollos idos, aferrado a uns barrotes baixo unha luz branca morta.
_

2 comentários:
Non se preocupe, estimado director, iremos visitalo de cando en vez. E levaremos a Enriqueta connosco. E pasaremos de tapadillo unha petaca con algún reconstituinte.
Ah, e un MacBook Air, que o visio é o visio!!.
E cando pase esta negra etapa política (que pasará) será vostede aclamado como un avanzado ao seu tempo, e terá unha esquina na barra do Bar para vostede só.
Iso si, terá que decidir onde quere a estatua.
Unha estatua ecuestre, sobre brioso corcel, que sempre quixen unha... Onde? Que fagan sitio no Corbeiro e me poñan a min tamén, engalanado con luces de feira, e que me honren con botellas escocesas e algo de fumar...
Postar um comentário