Un cancro de páncreas levouse a Laurent Fignon, un cancro que quixo deixar claro non era consecuencia da dopaxe durante os seus anos como ciclista profesional. Con elegancia e firmeza, tanto á hora de escribir un libro como de respostar ás máis que previsibles preguntas do xornalismo, recoñecera meterse anfetaminas e corticoides, sen soltar xamais un nome; se outros tamén o facían, non o sabía. Para eso están a UCI e outras federacións coa súa hipocresía galopante. Machacan co eslogan do descrédito do ciclismo, como se a culpa fora dos corredores, e dalgúns preferentemente: Fignon, Pantani, Valverde (Valverde dópase queira ou non queira, non, Valverde naceu dopado, caeu de cativo na marmita, como Obélix, e así non vale). Armstrong, pola contra, véndese como un santo exemplo de superación e honestidade (por eso safou do seu cancro, claro).
Se van todos con algo ilegal no corpo compiten en igualdade de condicións. O único que pode marcar diferencias é que un equipo fiche a un médico máis espabilado que os demais. Aos ciclistas chámanlle tramposos e ionquis alí por onde pasan, cando as carreiras son igual de duras. O descrédito do ciclismo? Vale, para min comenzou naquela crono de París no 89, na que Greg LeMond lle arrebatou o seu terceiro Tour ao finado.
_
O futuro está deixándote atrás
Novo argumento para que os rapaces non perdan o tempo con libros que non lle garantan un brillante éxito profesional e persoal: para qué vas ler esas historias tan feas, fillo? deso xa se encargan o goberno e a empresa, e creme que o fan ben.
"Non quero educar artistas senón librepensadores", dicía o profesor do Club dos Poetas Mortos.
_
"Non quero educar artistas senón librepensadores", dicía o profesor do Club dos Poetas Mortos.
_
Etiquetas:
costumes
Mineiros atrapados para a televisión
É certo eso de que queren baixarlle unha televisión aos mineiros atrapados en Chile, para que non se aburran, e cámaras, ademáis de alimentos e mediciñas, suponse, por aquelo de que o seu rescate vai para meses? Outro punto para o novo presidente multimillonario, Sebastián Piñera, que se gabará non só de rescatalos, tamén de retransmitir para todo o mundo, en riguroso directo, a confortable espera nas ruinosas entrañas da mina, a 700 metros de profundidade. A realidade obstínase en superar á ficción, rise das ocorrencias de tipos como Orwell ou Kafka.
A realidade non pode ser esto, dicía non sei qué personaxe. Pois si. E tamén a reapertura ilegal de minas de ouro e cobre con coñecidos riscos de derrube, xa durante o mandato da socialista Bachelet, cos traballadores arriscando a vida por unha miseria e sen asegurar porque, ai, a empresa non dispoñía de diñeiro.

tv
Irène Jacob 19 anos despois
Supoño que para os que entenden de música esta peza é unha trangallada, obra dun intruso ao moderno servizo do cine “con pretensións artísticas”. Vale. Dende logo non é Bach, a quen lle aprecias que non é cursi nin sentimental nin grandilocuente. Pero a min gústame; onte ollei a película por segunda vez, 19 anos despois.
Non a confundan coa sintonía da UEFA e sigan co programa de Cineuropa, as boas accións e a megalomanía, tranquilos.
_
Etiquetas:
cine
Benito Pérez Galdós ao aparato
Este é o pesadelo dun estudiante de filoloxía frustrado e resentido. Entraba na web dun xornal cando lle saltou un banner ofertando as obras completas de Galdós en mp3. Tan lexítimo como unha masaxe tailandesa ou unha semana nas Palmas de Gran Canaria. Pero era Galdós. Os podcast da literatura universal o mesmo collen nun iPod, pero Fortunata y Jacinta non, conleva un peso extra, demasiados xigas, aqueles dous tomos de tapas negras de Cátedra. Ademáis puideron secuenciar a voz para que sexa el, Galdós, quen lea o libro.
Pensouno en menos dun segundo, mentras o súbito ataque de pánico case o leva a apagar o ordenata tirando bruscamente do cable. Tranquilo, só é unha oferta, díxose. Tras respirar fondo, optou por clicar onde poñía: ADSL + Gol Tv por 39,90 €/mes. Era o máis seguro.

publicidade
Himeneo
Teño a conta de correo a piques do colapso a causa dos milleiros de e-mails (pronúnciese como aquel humorista que ía en sidecar nun anuncio de Orange) que me envían diariamente para queixarse da corresponsal do Correo en Sanxenxo. Quero aclarar que se están a dirixir á persoa equivocada; eu nin traballo no Correo nin son de Sanxenxo. Nacín en Iacarta, Indonesia (ibukota khusus daerah), e crieime en Ámsterdam, de onde era meu pai. Que pase algunhas tempadas nas Rías Baixas (nunca me perdo a festa do marisco do Grove) non me converte en responsable das crónicas da señora Ana Iglesias (presenciei o seu casamento no Dux coa copa baleira que deixara o señor Feijóo). Por favor, escriban a El Correo Gallego e a min déixenme gozar como a un guiri inocente máis.
_
_
Etiquetas:
prensa
Enfadouse don Andrés
Afástense das rúas. Abandonen o coche. Corran ás súas casas, tripliquen os ferrollos das portas, pechen fiestras e baixen persianas e craven madeiras e solden ferros. Se conservan algún deus ao que rezarlle, próstrense e récenlle con fervor ininterumpido. Desatouse o furacán Andrés Calamaro. Por qué, por qué, preguntarase a poboación aterrorizada. Pois nada, o neno tiña unha conta en Twitter e aburriuse do xoguete. Estas son algunhas frases do seu airado vento:
“Participar en un coro de subnormales generadores de concepto Light.”
“140 caracteres pueden metérselos profundo en el medio del ojete me importa tres pepinos perder un segundo mas en el rebaño de boludos con blackberry o lo que es peor .... conectados a la nada a cambio de demostrar que son infantiles.”
Eu, a verdade, non teño medo, pero sinto mágoa de min mesmo; sempre chego tarde a todos os sitios. Agora que pensaba en abrirme unha conta para tuitear co derradeiro heroe do rock’n’roll vai El e pecha a comunicación. Qué putada. O único que me consola é saber que gracias a El non caerei no erro. Logo da roda, a pólvora e a penicilina, este podemos consideralo xa un dos grandes descubrimentos da humanidade: Twitter é unha merda; demos gracias ao Señor.
O nivel dos “contertulios”, engadiu, é moi pobre (salva a un 2% do “naufraxio das vergoñas”). O goberno debería estudiar unha proposición non de lei para conter a súa cólera; sería sinxelo, abondaría cunha chamada telefónica (que non se lles ocurra agora mandarlle un e-mail) de José Luis Garci para que participe nas súas mesas redondas, con Juan Manuel de Prada e aquel da pipa, Marías.
Non se esquezan de insonorizar o ambiente.

desastres naturais
Un improbable Camilo Torres
O pai Arthur Hervet, que traballa nunha parroquia da cidade de Lille, en Francia, recoñeceu publicamente rezar para que Nicolas Sarkozy sofra unha crise cardíaca que lle impida continuar coa deportación de xitanos. Logo matizou as súas palabras como un político, explicando que o único que quería era que Deus lle “falara” ao seu corazón. Ao estado laico por antonomasia non lle gustou nada enterarse das oracións; están febles; tampouco é para tanto, tendo en conta os métodos aos que nos ten acostumados O Señor. Leva razón Óscar, dende logo: a Igrexa é unha monstruosidade, pero ás veces do seu seo saen tipos íntegros e mesmo simpáticos; salvando as moitas distancias, podemos lembrar aos teólogos da liberación.
Dixen que traballa nunha parroquia, non oficia, porque semella ser desos poucos católicos máis preocupados pola mensaxe de Xesuscristo que polos negocios do Vaticano (devolveu consecuentemente a medalla ao mérito coa que fora condecorado pola seu apoio á comunidade xitana). Igual é un cabronazo que se tira á prole de aqueles cos que di estar, mais polo de agora non hai constancia. “A revisar la sotana, mi general”.

política
Assinar:
Postagens (Atom)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.