Confesions dende a pista de baile


Aquí con suspicacias por cómo se gasta os cartos a SGAE. Madonna fichou pola promotora Live Nation Inc., nunha operación financeira que ascende a 120 millóns de dólares e pola que a artista pasa a ser accionista da empresa. Ignoramos se tal cantidade de pasta abonda para mercar a cidade de Boston, pero dende logo a súa escola de música si. A tía confesou:
"Por primeira vez na miña carreira, o xeito no que a miña música pode chegar aos meus seguidores é ilimitado. Nunca me gustou pensar de xeito limitado e con esta nova asociación, as posibilidades son ilimitadas" .
Quedará de "ilimitada" profesora da escola, e será ela quen diga qué alumnos dan a talla, e mentras os examina soarán, obrigatoriamente, os seus discos.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet