O novo campeon do mundo


Ao final gañou Raikonen. Kimi Räikkönen, probablemente un dos pilotos menos admirados da historia da Fórmula 1 por preguizán (polo visto F. Alonso visitou máis veces esta tempada a central de McLaren en Inglaterra que el durante todos os anos que pertenceu a esa escudería), por inexpresivo dentro dos circuitos e nas roldas de prensa (non da xogo, pouca publicidade), por puteiro e por borracho.
Raikonen, “Iceman”, corre ou reventa. Se o motor aguanta non hai ninguén tan rápido como el. Como di un amigo co que compartimos un vello amor a Ferrari, esto é un coche de carreiras ou qué carallo é? Festa!

O peludo de Tele 5, a cargante sombra de Alonso, xa pode buscarse outro curro (ademáis a Sexta mercou os dereitos para retransmitir o circo coido que xa para o ano que ven), e Hamilton, tan “valiente e talentoso”, a estas horas aínda debe estar chorando en casa de mamá.
Nos chegamos de noite, pillamos tele e sofá, sacamos a botella de Möet & Chandon e gozámolo tranquilamente, gozamos o triunfo do noso campeón:)

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet