O Pais (Sindrome de Estocolmo)

O País renovou a súa imaxe: lixeiros cambios nas tipografías e na distribución de contidos, fotos para os colaboradores, acento azul en riba do “i” de País e novo eslogan: de “periódico independiente de la mañana” a “el periódico global en español”.
Un artigo de Andrés Ortega, “La izquierda que no vota”, lembrounos a astucia e a delicadeza da que son capaces na súa liña editorial. O analista descríbenos o proceso de descomposición dos antigos ideáis da esquerda con marabillosa neutralidade. Un partido de esquerdas renovado, moderno, debe preocuparse polo “estilo de vida”, a obesidade, o alcoholismo, as videoconsolas... e esquecerse de todas esas reivindicacións obsoletas da vella clase obreira, desdibuxada no seo dunha clase social moito máis ampla cuio denominador común é un consumismo soportado con baixos ingresos.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet