Cuestion demografica

Unha elevada porcentaxe de clientes coincide en dispor dun curmán ou cuñado que se adica ao que nós pero "a outro nivel" (coincidindo tamén no tacto á hora de confesalo). Acuden a nós por facernos un favor, por hu-ma-ni-ta-ris-mo, para que vexamos algo de pasta e ter de que comer.
O curmán ou cuñado ou amigo de móvese "a outro nivel"; xamáis lle verás o careto; vivirá entre Madrid e Londres, algún en París e o máis excéntrico en Milán. A estadística, contradictoriamente, non impide que nos fagamos algunhas preguntas:
- ¿Cántos curmáns, cuñados ou amigos de se adican a esto?
- ¿Ser curmán, cuñado, sogro ou amigo de é garantía de Éxito?
- ¿Quén coño curra no Xunta, no supermercado, na mercería, quén é xerente da sucursal do Banco Pastor, mariñeiro ou pediatra?
- ¿Tan "talentosamente" aumentou a natalidade neste país (segundo os medios de moda o mundo divídese entre os que son "talentosos" e os que non)?



Outra perspectiva que é a mesma: nunca compartas os teus coñecimentos nin o teu talentoso talento. Es o meu cuñado ou curmán ou amigo de e es un crack. Dígoche eu que vas saír no EP3.
A aristocracia deixou de selo en canto fixo accesibles as súas miseiras. Non cometas o mesmo erro.


Outra máis: vou casar cunha tía que teña un irmán talentoso, e xa lle mando a el todos os clientes coas súas películas. Eze arte! Arsa, Olé!


ADVERTENCIA: Esto está escrito dende a envexa, o resentimento, o medo, a debilidade, a vanidade mal curada e a estreitez de miras (que se di). Asimílise con moderación pero sen espíritu crítico (que se di), porque o que importa aquí é levarse ben con quen hai que levarse ben. Xa serás re-bel-de (porque ser talentoso "implica" ser un pouco rebelde) cando ninguén te vexa.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet