Ritual lubrico-progre no Auditorio de Galicia

SANTIAGO AUSERÓN CON LA ORIGINAL JAZZ ORQUESTRA TALLER DE MÚSICS

Algún cascaríase unha palla antes de saír de casa, como un adolescente que ten medo a correrse antes de tempo na primeira cita. Faltaban tan só dúas personaxes; estaba toda a progresía oficial da noite ilustrada compostelana, máis uns moteiros que se sentaron detrás de nós e a ver cándo tocaban “El tontiño Simón” (o libreto que pillabas ao entrar non era para enterarte da estricta orde do repertorio, se non para gardar como unha reliquia profana). Olladas alegremente furtivas na taquilla: ese é Miguel, véxoo “cambiado”, con quén está Miguel?
No patio de butacas había cámaras, pero non críticos, así que tócame a min o ingrato labor de reemplazalos. Como non me pagan polo tema collerei pola vía rápida e sintetizarei seguindo o folleto (que gardo como unha reliquia profana):
- Preludio (D’encanteris i bruixes): Será algunha canción popular catalana. Antes de que saíra a estrela. Aviso de intencións de 22 músicos que te cagas e un director que te cagas.
- El Joraique: Saiamos de aquí! Unha verbena con pretensións intelectuáis e a voz que non se acopla de ningún xeito. Silencio admirativo e demostración de saber estar por parte do público congregado. Primeiras mans que se perden na oscuridade.
- Obstinado en mi error: Sorpresa! Un tema “menor” na carreira de Auserón. Estivo ben. Ningún músico se desmadrou.
- El canto del gallo: a verbena elevada a concepto artístico contemporáneo. Moitos corréronse xa aí (sen un xadeo).
- No más lágrimas: música de cámara para unha telenovela.
- Charla del pescado: Indescriptible. Un pasodoble nunha tarde de toros o entendes, pero ¿esto? Faltaba Lola Flores.
Annabel Lee: A orixinal (brutal) remata cunha guitarra alucinante, que reproduce todo o tormento guapísimo da letra, aquí un admirador de Carlos Santana ou Pat Metheny púxose o mástil erecto e largou un solo de 5 minutos que todos agardaban que rematara coa boca aberta.
- La misteriosa: Non estivo mal. Mantivo o clarinete limpo, chulo. E como menciona aos barcos galegos o sector máis militante do Bloque aproveitou para desafogarse.
- El carro: Eu andaba pendente dun intre para largarme á cafetería por un gin tonic e un pitillo. Non o fixen. A orquestra desapareceu e o mestre Enric Palomar sentou ao piano para que Auserón se puxera emocionante e espido. Perseguían os osos de García Lorca e olé. Todos se puxeron emocionantes e espidos (agás os moteiros, a ver cando tocaban “El tontiño Simón”).
- El tontiño Simón: os moteiros dixeron que ao principio lles costou recoñecela pero que de puta madre, hostia, claro. A min tamén me costou recoñecela... pero xa non me doía o corazón.
- A un perro flaco: Sa-bro-su-ra. Ventos desatados. Etc.
- A cara o cruz: Case foi a mellor, non se saíron moito da orixinal (nestos casos a fidelidade é de agradecer). Sobraban 18 músicos pero bueno.
- La negra flor: Xa daba igual e era a última (cambiaron a orde do repertorio!).
- Semilla negra: As tías dos coros eran moi boas, outra cousa é para qué estaban alí.
Cando rematou La negra Flor xa estabamos na porta. Aos dous días entereime de que tocaron “Veneno en la piel” a modo de bis. Nunca me perdoarei que nolo perdéramos, seguro que foi un colofón apoteósico a tan exquisita bacanal.


Dende entón todo soa de putísima madre, comenzando polos propios discos de Radio Futura.

3 comentários:

alfanhui14 disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Anônimo disse...

jajajajajajajajajaja...muy bueno!!
si se dedicara a hacer SIMPLEMENTE buenas canciones no nos pasarían estas cosas...pero te olvidas de comentar el folleto-preludio tan requeteaplaudido por los bloqueiros...

Unknown disse...

noutro intre cae

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet