Eu, Rne3

Xa temos a Julio Ruiz todos os días, de 10 a 11, en Radio 3. Con este lexendario presentador vainos pasar o mesmo que con Franco: deixaremos que palme aí, con demencia senil, gobernándonos.
Porque eu descubrín aos Planetas. Eu puxen en “Disco Grande” (¿os psicoanalistas non teñen nada que dicir?), eu puxen a primeira maqueta de Fangoria. Eu entrevistei a Simple Minds. Eu asistín ao primeiro concerto de Siniestro Total en España. Eu eu eu eu eu son eu fun eu serei eu e o meu axudante de son. Ecualízame o cu. Amplifica o meu ego (ou ao revés).

En fin, esto é falar do que xa se sabe. O que non se sabe é por qué non só non despediron, na perpetua reconversión política á que someteron Radio 3, a Diego Manrique, senón que ademáis o nomearon subdirector. Aparte de que nos alegremos (a lo menos respéctanlle o seu programa), a primeira resposta que se nos ocurre é que Elvira Lindo, dende o seu loft insonorizado de Manhattan, lóuvao no País: “O idiota, non me preguntedes qué fixo, é un símbolo non só da (nosa) progresía. Convén deixalo aí, á súa bola. Tranquilos: non morde."

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet