O Jim Morrison nacional sacou un single no que “plaxia” a un poeta madrileño (morto). O asunto carecería de interés se o rapaz o recoñecera, aplacando así as reivindicacións da familia do poeta. Pero o rapaz saiu, primeiro, dicindo que a acusación de plaxio era unha “chorrada”, que todo escritor “de raza” saca frases de todos os lados, ata das páxinas salmón dos domingos (“que llo digan a Dylan”, soltou a modo de cita de nivel), e logo desapareceu de escea alegando compromisos familiares ata a vindeira semana. Lapsus suficiente para que fagan aparición na obra os abogados da SGAE, ensombrecendo coa súa man negra de leis o que antes era evidente. Temos que protexer aos nosos cachorros.
A familia do poeta (morto) di que con que o recoñeza nos créditos xa está, non pasa nada, a cultura debe ser un organismo vivo e todo eso; non é por pasta.
O representante do artista di que se tiveran que incluir nos créditos dos discos as “referencias” a outros artistas ou escritores, serían impublicables de tochos :)))))))))))))
Escenifican entre todos unha obra de teatro ben cutre, cun ritmo narrativo supeditado aos intereses de catro culturetas reconvertidos en banqueiros e uns diálogos propios de telenovela (pero sen “copiar”, que conste).
Nós mesmos metemos frases ou palabras de outros a modo de guiño, crendo que funcionan, acoplándose coa nosa propia linguaxe (que ademáis sabemos que non nos pertence, que é dada). E a miúdo citamos a outros autores, e orgullosos que nos sentimos de citalos, porque son a hostia e non pasa nada.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2008
(255)
-
▼
setembro
(23)
- Juan Valdés (carajillo)
- Rockers!
- A polka no curro
- Robe "o auténtico"
- "Moito máis que un nome": un libro de psicoloxía g...
- O novo disco de Josele
- O concerto de Tom Waits
- Podemos vivir tranquilos
- Qué buena está
- Hainos cun maxisterio maior que o de Nacho Vidal
- Divino chat
- Os ianquis son superiores
- Concerto de Tom Waits
- Matt Elliott
- Pillan a Enrique Bunbury nun renuncio
- Quintana abre videoblog
- O concerto de David Byrne
- A directora de marketing
- Que poñan música
- Carta da Igrexa
- Editors
- Eu, Rne3
- Presto
-
▼
setembro
(23)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário