Estrañando a un paisano

Agora somos de Fernando Alonso, para qué negalo. Collémoslle un pouco de simpatía ao longo de dous anos de perdedor, mentras os medios remitían naquela triunfalista cobertura asfixiante. O psicólogo que se preocupe de si mesmo. Este ano tamén leva as de perder (Alonso, non o psicólogo), porque o seu coche é máis lento que os dous Red Bull, pero conduce ben. Están disputándose o campionato en Brasil e xa retratou a Hamilton.

O asturiano perderá, se non pasa nada raro, deixando definitivamente claro que é un piloto dotado e serio, demasiado serio. Por eso seguimos estrañando a Räikkönen, que só era serio vendendo reloxos caros.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Oh Raikkonen... iso si que era un piloto e o demais son coñas. Ademais seica gañou esta fin de semana o súa primeira carreira de rallies... aínda están agora de festa... esgotouse o champán (nada de cava) e van polo vodka, logo toca o mariachi e o tequila...
Raikkonen para a F1 xa!!!!

Unknown disse...

Déixao que se divirta; por qué senón deixou a F1? A última vez que o vira eu estaba todo feliz esnafrado contra unha árbore.

Está claro que a F1 é para estirados e aburridos.

Kimi Forever!

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet