A modo de réquiem pola desaparición de Galicia Hoxe suxiro un artigo de Antón Losada no País reivindicando a Feijóo, para maior escarnio dos traballadores e das familias dos traballadores do xornal galego. Sostén o sisudo analista que gobernar non é doado nin simple, que o mundo no que vivimos tampouco o é, e que Feijóo xa se decatou delo, “empieza a hacerse las preguntas correctas y a admitir que ya no le quedan respuestas fáciles”.
Para cando unha medalla Castelao desas para o xornalista?
Nin goberno nin terra son simples, moito pensa este home, pensa tanto e tan ben que mesmo achou como xustificar a política do noso presidente. Plantexa, ademais, a dicotomía goberno-oposición, como se PSOE e Bloque foran o mesmo partido. Os do goberno son, agora, por fin, serios e responsables, e os outros, o Bloque Socialista Obrero Español (dG), uns destronados que practican unha oposición baleira.
Sihomesi, como diría o Reig, pídete algo na barra que pago eu.
Descóbrenos, asemade, que non hai cartos para todo o que nos gustaría, convidando con sutileza ao realismo, a unha inevitable austeridade.
Un campeón, está feito un campeón, o sisudo analista da política nacional.
Nin goberno nin terra son simples, e non o entendo porque segundo o que escribe el aquí somos todos iguais, todos contribuímos en igual medida á crise, todos acatamos a ditadura dos mercados (esa interesada abstracción) e nos movemos polo clientelismo, se somos políticos, ou pola carraxe, se somos cidadáns de a pé.
O noso presidente fai o que pode. Case me alegro, agora que o penso, se chega poder facer máis eu collo a maleta e lárgome, non sei, a Madagascar, ou a Groenlandia.
Xenial, tío. Saícheste. Bótalle unha peza aos de Galicia Hoxe (págocha eu, tranquilo).
_
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2011
(375)
-
▼
junho
(23)
- Todos á biblioteca
- O diploma e o suicidio
- Velaquí un maniqueo
- Quenda para Galicia Hoxe
- As sete diferencias
- Sabías que a Bryan Ferry le huele el aliento
- Jolie Holland ou a falsa narcótica
- Araña de castañolas amarelas
- Sereibreve
- Mañá ás 6
- Taxar a túa cabeza
- A primicia do bolígrafo
- O sisudo analista da vida política do pobo ataca d...
- Unha concellería de urbanismo ben vale un baile
- Aínda non tomaron unha decisión
- E despois a culpa é dos rapaces
- A capital do desexo
- Intraorquestra
- A quen lle importe o Granada que erga a man
- O galo en pepitoria é duro
- Acuso de plaxio a Thom Yorke
- Youth against fascism
- Días de 1975 (II)
-
▼
junho
(23)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário