Din que a herba é verde

Deixounos a finde de fútbol un sabor agridoce, como cando saes dun retrogravado restaurante chinés pero sen as desesperadas gañas de cepillarte os dentes e largarlle un grolo de xenebra (un que é moi limpo ou moi borracho). Inigualable exhibición do Barça durante uns cantos minutos e empate do Madrid, aínda que non sirva de nada. O Celta perdeu sen danos significativos hacia o ascenso. Un día malo nas Palmas teno calquera.

Que o Deportivo vaia primeiro non é algo que quite o sono; co repaso que vai levar en Balaídos os xogadores quererán deixar a profesión, un adicarase ao cultivo do percebe en catividade, outro montará un ximnasio, e Lendoiro será por fin alcalde.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Touche disindo que non lles deas ideas!.
Non tente ao diaño, estimado director!.
Se Lendoiro remata de alcalde coruñés xa me vexo a Corina Porro rexentando o Deportivo (agora quedou sen cargo, miña pobre) e o que sería peor, a Abel Caballero dirixindo o Celta, só por fastidiar a Corina.
Vade retro!!!.

Unknown disse...

É verdade, que a loira quedou sen choio! Ai, Corina (suspiro profundo), que vai ser de nós sen ela, confío en que pronto lle busquen un cargo, aínda que sexa na segunda división, alá en Bruxelas.

Abel Caballero se vai ao Celta, como moito que vaia de utilleiro (sen ánimo de ofender aos utilleiros).

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet