Documento para a historia

Velaquí temos ao presidente de todos os galegos prantando unhas árbores simbólicas na Cidade da Cultura. Abraia o xeito co que manexa a pa, que logo lle entrega ao que será algo así como un pipa dos apeiros sempre do trinque, qué lle paso, presidente, a pa ou o lejón, pásame a pa, pásame a pa, bota un pouco de terra sobre os tenis das raparigas e comproba que o símbolo mantense vertical.

Non sei se como xornaleiro se gañaría o bocadillo de alcriques e a botella de viño, faime os rejos dereitos, Frijolito, que esto non é San Caetano. Ten razón quen me enviou o vídeo, a culpa é nosa por entrar en La Voz de Galicia.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Que estilaso!. Que garbo!. Que xeito de mover a pa!. Que ben comproba que queda a árbore tesa!. Até ten un punto erótico con esa calvicie incipiente (conste que a miña moza non di o mesmo da miña).
Non sei como se atreve vostede a criticar a O Noso Presidente. É vostede un desaghradesido, con todo o bo traballo que está facendo para sacarnos desta crise provocada polos roxos e vostede que se adica a falar mal del.
Debería aprender!!.

Aiiiii, a estes vaghos poñíaos eu a traballar facendo estradas!

Unknown disse...

A traballar facendo estradas pola calvicie incipiente do presidente. Todos a sachar!

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet