Teño que ler máis a prensa salmón, un valor seguro. Novagalicia crea unha marca para operar península adiante e eu entérome por unha páxina de deseño na que analizan a súa imaxe. É como se non nos quixeran deixar descansar dende que comezaron coa fusión das caixas, que tamén se pode entender como unha fisión atómica. Liberar enerxía, si, rescatalos por duplicado para que os directivos se prexubilen como maharajás.
Autodenomínase, nun exercicio de redundancia, banca intelixente, porque banca parva non se coñece en ningures. A min poden chamarme demagogo e curto sicario da revolución pendente untado, de unto, por Hugo Chávez.
_

2 comentários:
Pois para min que con ese nome non van a ningures.
Mañá en Intereconomía, El Mundo, La Razón, Abc, El País, La Voz e nos telexornais de Antena 3, TVG e Telemadrid vai aparecer a mesma noticia:
"EVO Morales nacionaliza Novagaliciabanco y abre sucursal en la capital del Reino. Que desfachatez!. Esto con Bush no pasaba!!".
Xa disía eu que o de EVO sóabame de aljo! Ai, pois paréseme fatal, que vai ser de nós, xente de orde.
Postar um comentário