Ti que farías se naceras en Mineápolis?



Un que non ten moita imaxinación tiraríase ao tinto. Estos rapaces non. Curiosidade. Minnesota, o estado ao que pertence á cidade, é o máis frío do país, e no pasado, ou sexa aí atrás, foi capital mundial madeireira e da moenda de fariña (de trigo); agora é un centro de negocios e seica o lugar máis alfabetizado, cunha magnética vida cultural (aínda que dubido que aos de Nashville ou Nova Orleáns lles dea por subir).

A información non é máis que información. Mineápolis, cidade de auga, medio sioux medio grega, lanzada á vangarda do pasado anterior á enciclopedia, ou eso ou abúrrense moito, non sei que pensar mais a voz de Channy Cassell quere convencer.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Que ben soan!.
O trebello ese dos arruídos raros xa me gustou. Co comezo enlazado ao final até ten un punto hipnótico...

Unknown disse...

Soan de puta madre, e os arruídos están ben currados.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet