O blog que todas as persoas intelixentes deberan ler, e as que non o son tamén, que sempre están a tempo de ser (contra)iluminadas, está de enquisa. Preguntan que se debe privatizar primeiro: a Igrexa Católica, La Voz de Galicia ou a Banca. Disque o ano pasado o austero presidente de todos os galegos, meu amor, canto te quero, soltoulle tres millóns de euros a La Voz del Presidente de todos los Gallegos, pero non quero influír nas casas a marcar.
_
Hoxe levaríano preso coa súa conducta moral
Algunha vez apertaron os dentes sobre unha bicicleta de carreiras durante unha curva sen fin, sen dar respirado? Tranquilos que non lles vou relatar ningún heroico pasado deportivo, aquí o fenómeno limitábase a acompañar ao seu pai e os seus amigos nas súas excursións dos domingos pola mañá, non exentas de esixencias como subir á Escusa por onde o mosteiro de Poio: a primeira vez non fun o único que tivo que poñer os pés no chan, nas ramplas máis duras, chegando arriba, porque non daba (era o noso Tourmalet, o noso Alpe d’Huez), e eso que eu era o máis novo, un neno movido por puros espíritos de superación e sacrificio, ganaba o pico, perdías ti.
Cóntoo para que os máis indolentes se fagan unha idea do que pode ser o ciclismo profesional, aínda que tamén a min me choquen os soldos que se deducen das multas que lles cravan (canto cobrarán entón os pirados dos alpinistas, oitomiles sen dedos?). Aproveito, asemade, que non todo teñen que ser marróns, para lembrar con agarimo a aquel vello de Cambados que levaba a botella de plástico chea de albariño. Vaia por el e os outros.

Etiquetas:
ciclismo
Os directivos son xente de conducta moral
Escribo estas liñas a modo de rectificación, pois o Tribunal Arbitral de Deportes ven de negar o que eu pregoaba no seu día, cando equiparaba a inmunidade de Alberto Contador á de Lance Armstrong. Sentencia máxima: despóxano dos últimos Tour e Giro, non poderá competir ata despois das olimpíadas e reclámanlle case dous millóns e medio de euros. O de sentencia máxima debe entenderse en relación aos cargos, que non son exactamente de dopaxe, non entendín moi ben o paso do solombo con clembuterol aos restos de plastificante dunha eventual autotransfusión de sangue. Que sexa unha argucia dos franceses, desesperados porque non ganan un Tour dende que se retirou Bernard Hinault, non me parece unha explicación suficiente.
Pagan os ciclistas, sempre os ciclistas (agás Armstrong), que a miúdo corren traspasando os límites do seu corpo, que se matan vivos para chegar a meta; noutros deportes, máis populares e dende logo menos duros, nunca hai sombras dunha conducta antideportiva, mesmo organizan partidos benéficos e se sacan fotos, que emotivo, van rematar coas drogas e a fame en África. Xa postos, podían organizar un contra todo o que se meten os directivos das distintas federacións, pero é improbable.

Unha candea ao demo
Lurpak - Lightest from Blink on Vimeo.
Espectacular anuncio de manteiga, porque ese é o adxectivo, espectacular. Que se lle vai facer, aquí contemplamos a publicidade co rapto co que outros contemplan un cadro de Velázquez; para que ir ao Prado ou ao Louvre tendo un televisor na casa, desculpen, amentei ao demo, non era a miña intención, non pretendía ser politicamente incorrecto, que me produce sinceras náuseas.
A televisión, fío conductor dun consumismo que nos garante o desastre, xa. Tampouco é que eu sexa moi consumista se me quitan do bar (slow food, a modo), non vaian pensar que son tan cínico. Un pouco si, recoñézoo.
_
Etiquetas:
publicidade
Porque Bebe é unha artista
Xa ten aparecido nesta bitácora o nome de Frank Black mais á fronte dos Pixies, esquivando a chumbada da súa carreira en solitario. Inclinado o seu eixo de flotación a sucesos paranormais, astronómicos e violentos, bagazo de talento dos Estados Unidos, non me gustaría telo de amigo nin de inimigo. Está como un caldeiro, si, e con todo fai o que chamariamos rock’n’roll normal, sen trampa e con moito xeito. Perdería parte da frescura e o humor do seu grupo; o tipo cumpre con puntualidade. A proba é esta canción, Roberto Cebola.
Lembreime del a propósito dunha entrevista de Diego Manrique a Bebe: será dunha beleza perturbadora (para o xornalista o é), terá un polbo de nove raxos, que dirían na Ría de Arousa, e será todo o “auténtico” que se queira: Un pokito de rocanrol é para partirse.
_
Etiquetas:
música
As veas piden mitin
Despois falan dos namorados, dos encoñados, dos ionquis. O PSOE non hai tres meses que perdeu as eleccións e xa se montou outras, internas, movilizando toda a maquinaria pesada, a quen queredes máis, a Carme ou a Alfredo, mitins, agasallos, promesas, fidelidades, micrófonos. Venden esas rosas cravadas nos puños como democracia, e a asemblea do Bloque como división, unha división na que algúns acreditan, ávidos dun espazo no que soltar a súa imprescindible opinión, alguén pode tomarse a molestia de explicarmo, de iluminarme?
_
_
Etiquetas:
política
Segunda parte do de antes
Vaia por diante que a culpa non é de Manolovich (xa lle quedou o nome así, ao Manolo dos Balcáns). Nin Serbia nin Croacia nin a campiona Dinamarca, o que fai unha alimentación correcta, xogar non xogan moito pero calquera traspasa a muralla que forman en defensa, case non teñen que moverse nos seis metros, e en ataque viven de obuses e Mikkel Hansen, ou eso din, porque eu estiven sen TDP ata que me enterei, tarde como sempre, de que ao amante do jazz que temos por presidente da comunidade lle dera por facer unha chamada e arranxar a antena.
Se lles gusta o deporte non se lles ocorra vivir nunha comunidade na que votan como presidente a un tipo que presume de escoitar a John Coltrane, dígoo sen acritude, só insinúo a enxordecedora idiosincrasia das bancadas/andares. Aquí ou es do Barça ou do Madrid ou estás por riba, cando a divindade che toca o saxo tenor.

balonmán
Sete metros contra os comentaristas de TVE
Toca falar de balonmán, ao mellor coñecen este nobre deporte de equipo, xogan sete contra sete, contando aos porteiros, cunha pelota máis pequena, si, que a de fútbol ou baloncesto, quizais por eso, porque as pelotas son máis pequenas e algúns as teñen tan grandes, é un deporte ao que non lle dan pulo, lémbranse del cando algunha medalla ou Iñaki Urdangarín, O Xenro. O meu curmán, limpo afeccionado a este e moitos outros deportes, colleu un caderno durante o europeo que se celebrou en Serbia e foi anotando frases dos comentaristas como remedio contra as ganas de matalos ou cargarse o televisor. Esta é a súa escolma:
Uno de los gladiadores del equipo serbio.
Maneja todos los recursos y registros posibles.
Facultad portentosa para la ejecución del lanzamiento.
España tiene mucha seriedad y sobriedad en sus posibilidades.
Está destinado a detentar ser el mejor arquero del mundo.
Un equipo que ha dado mucho colorido en los aledaños del pabellón.
Manolovich (ou aljo así): un tipo corajudo… un espartano.
El equipo magiar tiene una idiosincrasia que lo hace harto conocido.
Una grada que insinúa ser ensordecedora.
Non serei eu quen lles saque punta porque me tiraría horas e por sacar xa se sacan punta eles sos, como intuíu o curmán. Sete metros é a distancia dende a que se tiran os penaltis, por eso lles chaman así, xa sei, é como explicar que o lume queima ou que Cervantes escribiu un libro, vaia, asómbrasme coa túa facultade portentosa para a enxordecedora execución do lanzamento, colorido gladiador do espartano recurso.

Tamén a Eilen Jewell lle gustan os Kinks
Seguimos con música de vangarda para cangrexos da historia, quenda para os Kinks, nin os Beatles nin os Rolling, os Kinks dos irmáns Davies. Dous minutos e pouco son suficientes, a xente como Evaristo ás veces mesmo lle sobran, mais non ten nada que ver cos 140 caracteres do Twitter para intercambiar ligazóns de (ins)urxencia, non sei, o concepto de rede social, como tódolos conceptos, quédasenos grande, somos máis da pobre e lenta e suicida realidade da taberna non idealizada, un prexuízo máis.
Tanta veloz información atrósmanos. Non é unha crítica, fan ben; pode ser un pozo de banalidade e mal gusto e un formigueiro da Ilustración, depende de cada un, non é importante. Importante, para nós, é que tamén a Eilen Jewell lle gustan os Kinks.
_
Etiquetas:
música
Aos perigosos percebes que vaian mulleres e nenos
Este libro ensínano con irreprochable orgullo os de Sal y Laurel, unha empresa suponse que galega adicada á venda de marisco fresco das Rías Baixas on line. Non é que che manden as centolas por e-mail, mais vai ti saber co tempo. O único que non atopo irreprochable, ademais duns precios que non son culpa súa e van ben medidos, é que empreguen o castelán. Ou o fas con varias linguas, por aquelo do mercado e a glo-ba-li-za-ción, ou o fas en galego, carallo.
Teñen o mostrador na web, e dentro da web, o blog con curiosidades, receitas, fotos... e este libro do 52 ao que nunca lle podería dicir que non, moi vascos os debuxos, como se alzar o arpón contra a balea fora unha mol rutina.
_
Etiquetas:
deseño
Assinar:
Postagens (Atom)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.