Os valos xa están moi vistos. Sustituamos o marco rectangular e plano por un sofá. A estructura dun sofá con medidas parellas, 10 x 5 ou así, moi vello, con ferros descubertos, do que lle vai caíndo o papel que vai amosando por partes o producto. Nun dos brazos pódese poñer un potente cu de muller, en branco e negro, e escrito en bermello con letra manuscrita, nunha nalga “desconto” e noutra “50%”; tirando hacia o outro brazo, no respaldo, unha casa con xardín; ao longo de toda a parte de abaixo un xogo de liñas sacado dos labios, negros e grises, e sobre eso, no bermello e con tipografía de pau, o enderezo e a web. Os rapaces poderían gabear e sentar nel, rir gracias obscenas e tirar pedras á estrada, o que axudaría a que conductores e viandantes se detiveran ante o anuncio e logo o comentaran.
A idea é moi boa, ou eso me dixo Luigi cando lla “espuxen” na derradeira entrevista, moi boa “en canto revela o xenio creativo dun empregado ao que se remunera precisamente por ser creativo”. Qué ilusión, a idea do sofá. Imaxinámolo por toda a península, arruinando ao touro de Osborne.
<>
A frase do presidente pop
O (bendito) presidente dos EE.UU. chamoulle hipócrita a Hugo Chávez. Dixo que se non quería inxerencias do seu país en latinoamérica, non podía criticar que se abstivera de tomar protagonismo algún no golpe de estado de Honduras, ou o que fora eso (porque xa é “pasado”, e no presente o que está misteriosamente en “situación irregular” é Zelaya); en plan ai, ¿non era o que querías? Ficou marabillado da súa oratoria, unhas cantas liñas retóricas e sesgadas que rematan sempre nunha frase sinxela, inxeniosa, cautivadora, tramposa, repetible, contundente e fora de contexto.
Cántos se sinten impresionados coa “intervención” deste presidente. Obama é icona, poster, dunha nova era que hai que vender, que agora as eras, as Eras, as que fican nos libros, costa vendelas, mesmo as atopas nos chinos tiradas de precio.

Etiquetas:
marketing
A rapaza do pelo gris
Estamos a ollar un concerto de Emmylou Harris. Ademáis de love hurts tamén ten unha banda coa que lle pega ao rock’n’roll e de qué xeito, unha velliña cun corpo que xa quixeran moitas rapazas, toda a enerxía templada, porcelana, aceiro, flamencos de rímel nas pálpebras, celebramos a colleita do millo, pois veña, non é que se lle perdoe cando se pon en plan son de Nashville, vestindo e cantando, e que non hai nada que perdoar.
O DVD é unha edición das que sacan dende hai poucos anos as compañías, baratas tirando a cutres no formato, con grabacións sen trascendencia ningunha que ás veces flipas; a banda está solta, con ela, gózase.

música
A persoa política
Desculpen o título, que é algo así como industrias e andanzas dun procurador da propiedade. O caso é que ven sendo eso, a persoa política (o rollo grego). A intelixencia, digámolo “en sentido profundo”, queima todos os conflictos e acepta “o que hai”. Por eso a única intelixencia está na dereita. Na dereita da política, queremos dicir; nin idea de se coincide coa dereita do hemisferio ese que temos.
- Por eso Rosendo non pinta nada en Sanxenxo: non hai público para el.
- Ademáis, o tío vai criticando o Sistema (a cursiva é nosa) e logo resulta que cobra por actuar, e fixo que non cobra pouco.
- Eso.
- Qué jeta...
- Bueno, en Portonovo trouxeron aos Enemigos na festa da raia e aínda houbo algo de xente.
- Bueno, si, ¿e quén pagou ese capricho? Porque eso foi un capricho dos do pub, que estaban na organización.
- Os enemigos da música.
- Jaja, eso, si, moi boa.
¿Quén fala? ¿Quén é “a persoa política”? Como dicía O Generalísimo, hágame caso, haga como yo y no se meta en política. Non lle foi tan mal.

política
Tiro con arco
Estos de El País sempre descobrendo a pólvora. Demoledor artigo sobre a vila de Sanxenxo, onde o sagaz xornalista fai un repaso do feísmo urbanístico e do marujeo hipermegacutre, deténdose de paso nas reunións casuais onde se pecha algún negocio.
Dende que temos memoria, Sanxenxo sempre foi así, e nin sequera se perfeccionou a fórmula. En canto ao marujeo pijo, semella un tema no que hai que cebarse con saña. Qué fenómeno terrorífico, o marujeo pijo, como se non houbera marujeo trotskista ou marujeo na Real Federación de Tiro con Arco de Colmenar del Río.

deportes de vran
Empresa de prestixio
Sorprendentemente nestos tempos, iKIF está a crecer como empresa. A medida de tal crecemento adopta unha dimensión cabal coa creación do Departamento de Recursos Humanos (qué pedantería, señor!), e o nomeamento para a súa dirección do Sr. Luis Fonseca (un crack). A biografía de Luigi, como lle gusta que o chamen, un pouco para restarse importancia e seriedade, porque é un tipo enrollado, coma ti e coma min; a biografía de Luigi, diciamos, cheira a conto malo, pero é suficiente para impresionar ás dúas secretarias e ganarse o afecto do Supremo, ganándose así a admiración e a envexa baixa, insán e pequena de todos nós, os seus compañeiros. Só no comenzo xa atopamos unha morea de contradiccións: anos 60, un canteiro ourensán en Milán e unha vedette napolitana que tiña un programa na RAI, eso é comenzar con ganas. Sentimos non fomentar a curiosidade do lector, pero non imos narrar os miragres e a ledicia da súa vida (aínda que tamén o pasou moi mal, por suposto), centrándonos unicamente no seu novo cargo, Director do Departamento de Recursos Humanos de iKIF.
- Jo...
- Nati, babeas ollando para el, e ficas embobada cos seus contos, que non son máis que eso, contos...
- Bueno, ¿e qué?, polo menos conta cousas interesantes e divertidas, ten mundo, non coma vos. E ten ese punto picante, sempre...
O mesmo é un rapaz cojonudo e nós nada máis que eso, uns aldeáns revirados; pode ser. Conmigo amósase exquisitamente cordial, e lémbrame sempre que atopa ocasión o “satisfactorias e positivas” que son as nosas entrevistas mensuais. Malia eso, ou por eso mesmo, o único que penso é que estou a piques de perder o traballo. Os outros din que flipo, e que inda así, se me botaran, eles iríanse conmigo, pero para que esto último non aconteza tamén está Luigi aquí.
Xa lles tocará a eles, eso fixo. Como me dixera aquela vez o xefe: Miguel, métete na cabeza que nos adicamos á construcción.

curro
Instrumental
A versión instrumental de “Veneno en la piel” está de puta madre. Ventaxas da sesión aleatoria do iTunes. Extremadamente limpa. Non hai onanismo, qué hai; non di moito, nin sequera con letra di gran cousa, pero, qué é dicir “gran cousa”. Elefante, gran cousa dirixíndose a Roma. A res pública, qué cousa esa.
<>
<>
Etiquetas:
música
There is a wild man in my head
E logo está a filla. Ana Botín, osos de ouro, mamadas de hiel. Todos os ficheiros na cona reventada, ordeada e limpa, cos debes e haberes. Icona da evolución do papel da muller na sociedade. A evolución do papel, descarallao. Esto dígoo porque son un macho fracasado que se fai vello, feble e anticuado.
<>
<>
Etiquetas:
marketing
Libro de estilo: xogos de palabras, non
O marco. O marco é o impoprtante. Cando falamos de ser unha fiestra (aí es ná), referímonos ao marco. De madeira, de aluminio, en tres posicións reclinables, 12 cores a elexir e garantía antirroubo a pagar en cómodos prazos. Para esta indecorosa cuestión tamén é impoprtante escoller o Banco. Cómo non, amigo copto, sabia é a túa elección: ven ao Santander, queremos ser o teu Banco (a maiúscula é miña). Mañán temos congregación de coptos querellándose; qué facemos, Emilio Botín, qué facemos agora.
Colocarémoslle fiestras gratis. O patrón sempre leva razón. Boga-boga, mariñeiro. Cariño, pellízcame, deslizaremos a soga polo seu pescozo e seremos li(e.
Esto… ¿qué quería dicir?
Home, é un artristra.
Ah…

literatura
Under the influence
Xogabamos ao fútbol, de críos, cantando esta canción, “Preguntas por Puerto Montt”. Supoñemos que Cristiano Ronaldo escoitaría “outra música” (vale, recoñecemos que non sacabamos as faltas como as saca el).
<>
<>
Etiquetas:
fútbol
Assinar:
Postagens (Atom)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.