Os valos xa están moi vistos. Sustituamos o marco rectangular e plano por un sofá. A estructura dun sofá con medidas parellas, 10 x 5 ou así, moi vello, con ferros descubertos, do que lle vai caíndo o papel que vai amosando por partes o producto. Nun dos brazos pódese poñer un potente cu de muller, en branco e negro, e escrito en bermello con letra manuscrita, nunha nalga “desconto” e noutra “50%”; tirando hacia o outro brazo, no respaldo, unha casa con xardín; ao longo de toda a parte de abaixo un xogo de liñas sacado dos labios, negros e grises, e sobre eso, no bermello e con tipografía de pau, o enderezo e a web. Os rapaces poderían gabear e sentar nel, rir gracias obscenas e tirar pedras á estrada, o que axudaría a que conductores e viandantes se detiveran ante o anuncio e logo o comentaran.
A idea é moi boa, ou eso me dixo Luigi cando lla “espuxen” na derradeira entrevista, moi boa “en canto revela o xenio creativo dun empregado ao que se remunera precisamente por ser creativo”. Qué ilusión, a idea do sofá. Imaxinámolo por toda a península, arruinando ao touro de Osborne.
<>
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2009
(312)
-
▼
agosto
(18)
- O rap de Tom Waits
- A fisura
- Motivos de despido
- Anuncio de Evax
- Outra aproximación á liberdade (II)
- Revista de vran
- E ela arrasa
- Reformas na urna de cristal
- Un sofá por valo
- A frase do presidente pop
- A rapaza do pelo gris
- A persoa política
- Tiro con arco
- Empresa de prestixio
- Instrumental
- There is a wild man in my head
- Libro de estilo: xogos de palabras, non
- Under the influence
-
▼
agosto
(18)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário