Sorprendentemente nestos tempos, iKIF está a crecer como empresa. A medida de tal crecemento adopta unha dimensión cabal coa creación do Departamento de Recursos Humanos (qué pedantería, señor!), e o nomeamento para a súa dirección do Sr. Luis Fonseca (un crack). A biografía de Luigi, como lle gusta que o chamen, un pouco para restarse importancia e seriedade, porque é un tipo enrollado, coma ti e coma min; a biografía de Luigi, diciamos, cheira a conto malo, pero é suficiente para impresionar ás dúas secretarias e ganarse o afecto do Supremo, ganándose así a admiración e a envexa baixa, insán e pequena de todos nós, os seus compañeiros. Só no comenzo xa atopamos unha morea de contradiccións: anos 60, un canteiro ourensán en Milán e unha vedette napolitana que tiña un programa na RAI, eso é comenzar con ganas. Sentimos non fomentar a curiosidade do lector, pero non imos narrar os miragres e a ledicia da súa vida (aínda que tamén o pasou moi mal, por suposto), centrándonos unicamente no seu novo cargo, Director do Departamento de Recursos Humanos de iKIF.
- Jo...
- Nati, babeas ollando para el, e ficas embobada cos seus contos, que non son máis que eso, contos...
- Bueno, ¿e qué?, polo menos conta cousas interesantes e divertidas, ten mundo, non coma vos. E ten ese punto picante, sempre...
O mesmo é un rapaz cojonudo e nós nada máis que eso, uns aldeáns revirados; pode ser. Conmigo amósase exquisitamente cordial, e lémbrame sempre que atopa ocasión o “satisfactorias e positivas” que son as nosas entrevistas mensuais. Malia eso, ou por eso mesmo, o único que penso é que estou a piques de perder o traballo. Os outros din que flipo, e que inda así, se me botaran, eles iríanse conmigo, pero para que esto último non aconteza tamén está Luigi aquí.
Xa lles tocará a eles, eso fixo. Como me dixera aquela vez o xefe: Miguel, métete na cabeza que nos adicamos á construcción.
<>
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2009
(312)
-
▼
agosto
(18)
- O rap de Tom Waits
- A fisura
- Motivos de despido
- Anuncio de Evax
- Outra aproximación á liberdade (II)
- Revista de vran
- E ela arrasa
- Reformas na urna de cristal
- Un sofá por valo
- A frase do presidente pop
- A rapaza do pelo gris
- A persoa política
- Tiro con arco
- Empresa de prestixio
- Instrumental
- There is a wild man in my head
- Libro de estilo: xogos de palabras, non
- Under the influence
-
▼
agosto
(18)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário