A rapaza do pelo gris

Estamos a ollar un concerto de Emmylou Harris. Ademáis de love hurts tamén ten unha banda coa que lle pega ao rock’n’roll e de qué xeito, unha velliña cun corpo que xa quixeran moitas rapazas, toda a enerxía templada, porcelana, aceiro, flamencos de rímel nas pálpebras, celebramos a colleita do millo, pois veña, non é que se lle perdoe cando se pon en plan son de Nashville, vestindo e cantando, e que non hai nada que perdoar.

O DVD é unha edición das que sacan dende hai poucos anos as compañías, baratas tirando a cutres no formato, con grabacións sen trascendencia ningunha que ás veces flipas; a banda está solta, con ela, gózase.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet