A directora de marketing



Onte Begoña mandounos un fotomontaxe no que se publicitaba unha película de Quentin Tarantino. Nun cartel saía Uma Thurman cunha catana, e a catana cubría de sangue a parede do edificio, a beirarúa e os taxis brancos. O seu xefe quería un anuncio do mesmo estilo.
- Pero aplicado ao noso concepto de balnearios, claro.
- Ah...
- ¿Pódese facer?
Penso que si. Colgamos o cartel cunha modelo retozando na auga, e metemos a un neno nun buzón de correos cun cacharro de facer burbullas.

Um comentário:

Anônimo disse...

XD XD XD XD!!!!!

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet