Abogados e plaxio

¿Qué andan a enredar? O tema é moi sinxelo:
- Se non se recoñece nos créditos é plaxio: por omisión preténdese pasar por propio o que é alleo.
- Se é unha imaxe ou frase que queda forzada dentro do teu texto, “cantando”, aínda que a recoñezas nos créditos é plaxio. E máis que plaxio é necedade.
- Se a recoñeces, e queda ben dentro do teu texto, ou mesmo o “inspira”, pero sen renunciar xamáis ao teu propio discurso (que debera ser algo natural), non é plaxio (claro que para eso hai que ter un discurso propio: ¿hai unha asignatura chamada discurso propio nesos talleres fabulosos de escritura creativa? seguro que si).

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet