Todo o mundo coñece o logo de Nike, ¿verdade? Algúns coñecerán tamén a exemplar historia da súa creación: modesta empresa de complementos deportivos contrata (1971) a unha deseñadora recén titulada, que “irradia ilusión”, unha tal Carolyn Davidson. O responsable de Nike, Phil Knight, cando lle entrega o traballo, dille: “non é que me guste moito, pero vivirei con elo”. Precisaba un deseño para a franxa das zapatillas e pedíralle algo que representara movimento e estabilidade. Pagoulle 35 dólares, o suficiente (?) para que ela montara a súa axencia de deseño, e en 1983, consolidado xa o éxito mundial da marca, recompensárona con accións da empresa (os ianquis son todos unhas persoas estupendas, non como aquí...).
O deseño ten un nome: “swoosh” (hai que pronuncialo como se leváramos toda a vida pronunciándoo). É indiscutible que “funcionou”, pero non nos fai falla ler outro tratado de xestión de marcas para saber que puido non funcionar, ou que “o responsable” puido rexeitalo, esixir outro deseño ben distinto ou contratar a outro profesional (bueno, nos EE.UU. eso non pasa, vale).
Repetimos: o deseño funcionou ata explorar límites de popularidade, aceptación e rendibilidade ata entón descoñecidos. Foi, pois, moi positivo para a empresa e para a autora. Agora ben, coidamos que lle fixo e lle fai moito dano ao deseño, non por malo, porque non é malo, todo o que en deseño funciona é bo, e se non che gusta é problema teu; o dano radica na cantidade de deseñadores que se matarán buscando o seu “swoosh”, como antigamente andaban detrás da pedra filosofal ou do santo grial.
Persoalmente non temos problema, somos anticuados e preguizáns, non irradiamos ilusión algunha e non vivimos na Terra da Liberdade e as Oportunidades. Ás 9 saímos do curro e tiramos para o bar.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2008
(255)
-
▼
outubro
(33)
- Ryan Adams con Emmylou Harris (Unha de ciumes)
- Ryan Adams, ex neno malo
- Tipografías galegas e chistes en Macuarium
- O diaño aduaneiro
- Unha querella para Dostoievski
- Foro de tradutores
- Inversión en publicidade
- Falando co mac
- Queda unha carreira
- Valoración da música
- O ar fresco que trae a cantante norteamericana
- Unha luz máis
- 601.000 euros (Ao chillido de "Pe")
- Un gran día
- Ikea: música por pezas
- O mosqueo de Robert Smith
- O vello arrancacorazóns
- "O capital" segundo Ferrín
- A procura de osos
- Outro artista auténtico
- Mambo
- Qué bo era
- Abogados e plaxio
- No cabodano de Poe
- Pillan nun renuncio a Bunbury (II)
- David Eugene Edwards
- O "swoosh" e o rap
- O "swoosh" e os nenos
- O "swoosh"
- Un placer soportable
- Todos os dereitos reservados
- Venus en texto
- "God and Gun"
-
▼
outubro
(33)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário