O vello arrancacorazóns

A saída ao mercado do novo disco dos Cure posponse por segunda vez. Coméntase que Robert Smith quere grabalo de novo, e entregar dous discos (dobles) oficiáis: un producido por el e outro por non sei quen. Se a estas grabacións engadimos as previsibles caras b, bonus tracks, rarezas, remixes e bootlegs, o material non lle vai coller aos fans nun iPod de 120 xigas. Está ben eso de ofrecer “algo máis” aos amantes dos grupos, a vella e entrañable historia das caras b, pero tampouco hai que abusar; a algúns pasaralle o que lles pasaba a aquelas personaxes de Boris Vian: ela quería casar e el pulíase a pasta nos libros dun filósofo... ata que o filósofo anuncia que vai publicar unha enciclopedia, o que para ela significará a ruptura co seu amor, polo que colle e o mata (ao filósofo, claro, cando a quen debería matar é ao mozo).

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet