Unha querella para Dostoievski

A proliferación de cidadáns ofendidos xa é unha epidemia. A hipocresía alíase coa falla de orgullo e coas leis que promulgan gobernos advenedizos, colosais operacións de cosmética que abranguen todo o espectro político.
- Víctimas do terrorismo esixen compensacións (depende de qué terrorismo).
- A Organización da festa da fabada de Monforte reclama indemnizacións polo que consideran un agravio comparativo os orzamentos destinados pola Xunta á festa dos callos de Chantada.
- Non me gusta o novo disco de Morrissey. Vou falar cos meus abogados: é posible que emprenda accións legais e interpoña unha demanda para que “o meu artista” saque un disco que me guste, ou, do contrario, carrexe cos gastos do psicólogo ao que terei que acudir por escoitar un disco que non me gusta.
- A miña noiva deixoume. Eso non é xusto. Eu son bo e alto e guapo e traballador e ata teño ese punto picante que fai que ela se derrita. Quero que entre en razón e volte comigo ou me verei obrigado a escribirlle unha carta ao defensor do pobo (que ademáis é amigo do meu pai).
- Ah, e os toreros. Non, non estamos a favor de matar aos toreros. Somos xente civilizada e repudiamos a lei do talión. O que pedimos é que se lles inhabilite para tan infame actividade e, non sei, que acudan a unhas charlas formativas de sensibilización para cos dereitos dos animais.
Final previsile: qué lonxe estamos dos “humillados e ofendidos” de Dostoievski. Vou querellarme coa familia do escritor ruso, que ademáis, polo que sabemos, era un putero e un ludópata empedernido, e eso non se pode tolerar (menudo exemplo para os rapaces!).

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet