Eloxio dun presente nimio

Seguimos redescobrendo a Gabinete Caligari. Aos poucos, porque cadra. Despois xa nos dirán os-que-sa-ben que a música é para sentir, e para bailar e follar, e non para pensar, ou todo o contrario. A terceira canción da que nos facemos eco é esta: “La fuerza de la costumbre”. ¿Qué grupo de pop emprega, tensándoo, o refraneiro español e xiros emparentados, tirando de palabras como “cuitas”, “postrer”, “lumbre” ou “mordaz”?

Canción de non-rock:
“Sin norte ni mitos que seguir
al capricho del azar crecí
como las hojas secas que el viento esparce por ahí”

Estribillo:
“Si por costumbre amé
por costumbre olvidé
La fuerza de la costumbre es mi guia y mi lumbre”

E case ao final, con mala hostia moi ben integrada:
“Y si un día vuelves a llamar
te vas a desilusionar
vivo con la costumbre de no quererte nunca más”

Jaime Urrutia non é un poeta, tampouco é un Auserón (nin falta que fai), pero dalle cen mil voltas (como no disco, si) aos rocketas que pretenden vendernos actualmente, todos esos grimosos “poseurs”.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet