Preparando a defensa de Bunbury

Bunbury vai sacar outro disco (non debe facer nin seis meses que sacou o último). Atención, familiares e albaceas de poetas mortos ou no paro, aí tedes outra oportunidade de mandalo a xuízo e sacarlle unha pasta.

É certo que esta vez o puxo máis difícil (ou máis doado, segundo se vexa), titulando A Obra cun sinxelo, pobre (como as patacas ao pobre) “Las consecuencias”. ¿En cántos sitios estará escrito “las consecuencias”? Como se poñan todos a demandalo van deixalo sen unha peseta.

“las consecuencias de mi querer
una botella de ginebra
en el neceser
que te dejaste
y en wall street una quiebra...”

Ui... sentado o precedente, non nos parece o mellor xeito de evitar suspicacias. Lánzate, tío, escribe sen medo.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet