O ano que ven toca emigrar

O superaxente Feijóo está inspirado, non pode perder un minuto do seu tempo como presidente. Nunca un gobernante do mundo tanto fixo nun par de meses. De seguir coa súa hiperactividade haberá que largarse, pero non os catro habituais que se fan os rebeldes, non, TODOS (case 3 millóns de habitantes, por moito do PP que sexas, descontando o equipo da Junta de Galicia, suponse). Podemos acudir á ONU, que nos dean un país, como aos xudeus. Os galegos non somos esixentes, conformámonos con ben pouco e a terra en seguida a parcelamos en diminutas e covizosas leiras. Non nos metemos con ninguén, traballamos arreo e non se nos ocurren ideas estrambóticas como a dos kibbutzs.

Os kibbutzs: decatáronse de que eran unha parvada e os desmantelaron case todos. Antes de que eles os inventaran nos xa tiñamos aquí cooperativas de albariño, que afortunadamente colleron o rumbo que tiñan que coller, qué carallo é eso de repartir equitativamente o traballo e que os beneficios se socialicen. Imos redactando a carta que leremos en New York.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet