Marat e o iPhone 3G S

Está o famoso cadro de Marat morto na bañeira. Na man esquerda, que aínda sostén unha folla de papel (coido que unha lista de persoas ás que guillotinar), podía colocárselle, abrindo un pouco a palma, un iPhone 3G S; na dereita sustituiríase a pluma por un lapis óptico. ¿Qué facía o revolucionario co iPhone nese intre? Podiamos pensar, por aqueles días de propaganda e terror, que grabou o seu propio asasinato, para logo colgalo no Youtube, pero:

a) A cámara de vídeo que lle puxeron ao móbil din que é unha trapallada.
e b) Aínda ten o lapis óptico entre os dedos.

Ao final vai confirmarse que escribía a lista cos nomes dos girondinos que enviaran á súa asasina, a aristócrata Charlotte Corday. Ao iPhone tiñan que meterlle un espello e unha navalla suiza.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet