Os touros de Joanquín Vidal

Din que están pesados os antitaurinos. Os taurinos non, os taurinos, que son os que manexan o negocio en contubernio coas autoridades e viven á sombra da prensa rosa, nunca foron pesados, se acaso nas comidas, pouco máis. Sen embargo, os que se están a cargar os touros, son os taurinos, non os antitaurinos. Á “sinxela” e intemporal lucidez de Joaquín Vidal remitímonos.

Fumos afeccionados fascinados pola prosa de Joaquín Vidal; dende que morreu, os touros non paga a pena ollalos nin “lelos”: colles a crónica de calquera xornal e non atopas máis que escritores malos, puretas que se chaparon o vocabulario de Cossío e opinan segundo quen lles paga.

Está José Tomás, si (”Y José Tomás regresó de una lejana galaxia”), pero reducido a carne de polémica, odiado polos taurinos, nun esceario enconado que desfigura o que debera ser o natural transcorrer da súa arte.

Touros sen caste, antitaurinos saídos, taurinos ceando en restaurantes que te cagas con amistades que te cagas; toureiros que casan e se divorcian nas portadas das revistas, mulleres e ex mulleres de toureiros que opinan nos platós de televisión; grandes tetas baratas, collóns de arabescos luminosos, reportaxes con dehesas acotadas polo pitón afeitado da lúa, micrófonos alazáns, sentimentos manufacturados como sombreiros cordobeses; fe, patria, pijerío e sobres en negro. E logo algo de guirigueo e os antitaurinos, que cada vez meten máis barullo.

Non pretendemos polemizar, nin “posicionarnos” nin dende logo “ser auténticos”. Só nos jode, maiormente polos touros.

Bueno, vémonos no museo de arte contemporánea.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet