Que volte o Sah de Persia

Houbo fraude nas eleccións de Irán. Os apóstolos da Democracia velan pola nosa información e polos intereses da poboación iraniana. Infatigables e insobornables. República islámica de Irán: os malos malísimos dende a revolución de 1979. Lémbrese que estadounidenses e británicos restituiran ao Sah en 1953, para explotar os recursos petrolíferos da rexión sen problemas, e mesmo lle axudaran a montar un dos máis noxentos servicios de intelixencia da historia, o SAVAK (un de cada tres iranianos mantiña algún tipo de conexión coa organización, así fora como informante ou como axente).

"Ayatollah, no me toques la pirola", cantaban Siniestro Total. "Puedes cortarme las manos sin piedad y llevarte a mi chiva ye-ye..." Os aiatolás non son precisamente simpáticos, pero que os políticos (e os reis, que aínda os temos) de Occidente vaian impartindo leccións de Democracia é un vacile macabro.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet