Memoria dun educado canalla

Lembrando a Marat lembramos a un amigo que morreu hai moitos anos, e do que aínda nos jode falar, pero a curiosidade xa é máis forte que o respecto que si, aínda lle gardamos. Entregara este home a súa vida a catro paixóns, que nomeamos a continuación coido que na orde correcta de preferencias:
- A mediciña (era médico e profesor).
- A comida, a bebida, as alumnas e as camareiras suizas e austríacas (pero as vienesas non, en serio).
- A música clásica (concertos de ano novo incluidos).
- E a revolución francesa.

Nunca nos preguntamos, nunca lle preguntamos qué lle atopaba á revolución francesa, e podía narrala día por día, dende 1789 a 1794. Sabiamos que o seu pasotismo político, certo desprecio que amosaba hacia as persoas con “ideais”, especialmente ás de esquerdas, non eran máis que unha parte da fortaleza que se construira para ocultar (e ocultarse a si mesmo) a un home sensible de orixes humildes... Non, non, estamos montándonos unha teoría estúpida e non necesariamente certa, sabiamos como era por algunha vez que o fitamos aos ollos. E bueno, ¿qué lle proporcionaba estudiar a revolución ao longo dos anos? Dende logo, non era unha afección comparable a coleccionar selos; algo tiña que haber .
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet