As dependencias policiais, nunha torre contigua ao Concello, ascendían en andares labiríntos que semellaban deseñados para que o propio Corpo Municipal se perdera; xeneroso edificio ao que como primeira misión se lle encomendara trasnmitir que o Alcalde velaba pola seguridade de paisanos e turistas; cubo de aceiro cun milleiro de espellos, ás veces abríase algún desos ollos vixía que enxergaban a orde e a calma de praias e porto, mentras as bandeiras oficiais ondeaban erguidas, duras, resplandecentes, cravadas no ceo do amencer. A Rosa mandárona ao terceiro andar, podía preguntar de novo no posto de información que atoparía ao saír do ascensor. Nun dos despachos do soto, coas Nike Backboard sobre a mesa, sen separarse do cubata de White Label, Ramón Tirofijo xogaba ao póker con tres policías; agora era o puto amo, the master of the universe, un deus escuro co poder de outorgar ou negar vidas, non, nunca un confidente, quen corta o bacallao, puaj, eso non, o rei do mambo, si, eso si, o puto amo, ostiandios, bícame as zapatillas, pringado.
- Brais! — Rosa atopouno estudiando o mecanismo das fiestras, fumando, nunha ampla sala de espera que tamén facía de cuarto da limpeza; un chaise longue de coiro vermello, revistas, vasoiras, fregonas industriais, botellas de lixivia e outros produtos.
- Qué, xa saímos no Heraldo de Negra Esmeralda, posiblemente a cabeceira máis longa da prensa mundial?
- Por favor, Brais, esto ten que ser un pesadelo. Antón e Alex aparecerán, non é a primeira vez que se perden nunha das súas viaxes, e logo resulta...
- Que pararan a tomar un café.
Convidouna a sentar; o sofá era do trinque, chegará a ser cómodo, aínda non se lle deu case uso, este é o símbolo da emancipación das mulleres da limpeza de Negra Esmeralda, oh, Ilmo. Sr. Alcalde, nós perdemos as bragas por ti!
- Brais, din que non pasaches a proba do polígrafo.
- Certo.
- Pero te declaras inocente...
- Obviamente, se non pasara a proba e me declarara...
- Brais!
- Qué queres, púxenme nervioso, pero non penses que me intimidaron, o que pasa é que precisan un culpable rápido.
- Culpable de qué?
- De qué vai ser, Rosa, terás que empezar a asumilo.
- Non.
- Si.
- Entón por qué te declaras inocente! Esto... esto... se é un xogo non ten ningunha gracia.
- Xa.
- Non hai probas, non hai nada, esto... non ten sentido!
- Pode, visto así, pero xa verás como acaba por cobralo.
- Qué queres dicir?
- Para comenzar, precisan un culpable, xa cho dixen, e teño que ser eu. Son a persoa máis indicada. Aínda que non teña valor para confesarche a ti...
- Pero Brais, non empeces...! — A Rosa desagradáballe o lugar, o chaise long, o cheiro a lixivia e a actitude de Brais, malia collelo das mans buscándoo, buscando algo claro na súa ollada, Brais, faino por min.
- Teño que ser eu, por eso colaboro. Non penses que non mo agradecen; a aquel que colabora coa xustiza permítenselle certos privilexios, por qué cres que me deixan recibir tan con-for-ta-bles, tan re-con-for-tan-tes visitas? Unha mágoa que eles e eu non empreguemos a mesma escala de valores, porque o de recibir visitas non é que me apeteza moito.
- Xa veu Inés?
- Por suposto! Interpretando o papel de Jackie Kennedy logo de que disparara o... cómo se chamaba o tipo aquel, Oswald, ou quen fora... Bueno, facendo de Jackie Kennedy; sempre se trabuca escollendo os seus papeis, eso si, ben que se entrega a eles, carallo, qué traxedia, qué cargante, apareceu de rigoroso negro e con kleenex brancos, fíxate, ela que sempre usa panos de cores infantís rechamantes e aparece con kleenex brancos, debeu parar no súper máis próximo e mercar unha ducia de caixas.
- Esto é moi duro para ela... para calquera.
- Pois semella como se para ti non o fora tanto, cando es ti quen ten que estar realmente histérica e rota, e non fas o ridículo. Es marabillosa, non por esto, claro, para nada, esto só é unha pequena mostra civil, digamos...
- Ela é boa, e quérete.
- As escalas de valores...
- Por favor, Brais! Veña, ven comigo, falaremos con quen haxa que falar, ti aquí non pintas nada, qué foi da presunción da inocencia?
- Rosa, presunción de inocencia, non sexas hortera; ademais, para qué soltarme se van ter que prenderme dentro dunhas poucas horas, hai que economizar medios e tempo.
- Con quén hai que falar aquí?
- Supoño que co señor comisario, ti sabías que en Negra Esmeralda temos comisario, comisario dos de película? Impresionante, e a modo, que é un tipo cojonudo, sabe facer o seu traballo e distingue a rectitude dos negocios deso que antigamente se chamaba rectitude moral, expresión esta que mesmo emprega sen falsedade, pregúntome cómo o deixaron chegar ata onde está; debe ser un estorbo para os manexos diarios ao que lle terán moitas gañas, ou tamén está no allo, pero non o vexo.
- E qué máis che dará a ti eso? Ai, sempre coas túas rapazadas... Imos falar con el, a-go-ra, e logo buscaremos a Antón — revolvéndolle o pelo, dándolle un bico furtivo, que o sitio non convidaba a máis, sorríndolle, un ollo negro, unha lúa como unha mazá aberta, con bágoas duras dentro, alfinetes de eneldo e a boca criminal a un lado, sombra e carmín e o sabes, esvelto catálogo de brisas furia de fanecas mornas rochas, antes, por favor antes imos, veña, atoparemos a Antón.
_
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2011
(375)
-
▼
março
(36)
- Os Rolling xa cumpriron
- Muro de pago, fonte de auga pura
- Volve a caricatura dos banqueiros
- Dous días despois
- (Alarmante) última hora
- As coincidencias existen, amigos
- Galileo seguirá buscando
- Asedio en directo á drag queen
- O sombreiro da pequena
- Fíxense na foto
- Damos crédito, estúpidos
- Noite de marzo
- O cabaré ambulante da democracia
- Sen rastro do avó Carlos
- Os títulos de Alfaro
- Dúas entrevistas a Antonio Orejudo
- A charanga que lle faltou a Trotski
- Leningrad Cowboys go America
- Qué pasa con Wisconsin
- Eles críanse e o Empresario xúntaos
- Hai liberais no pobo (II)
- Un respecto para R.E.M.
- Atención, residentes do arrabalde
- Estudio sobre a creatividade
- Unha humillación sen importancia
- Nacionalicemos a Barreiro Rivas
- Amor non correspondido
- Qué foi da escola holandesa (para os holandeses)
- Os porcos sempre van de cabaleiros
- O tridente oficial
- Expectativas contra o Arsenal
- O mundo despois de Phil Collins
- Antón está de viaxe (XIV)
- O poste repetidor de iniciativas
- A miña pelirroxa favorita con The New Pornographers
- O disco era verde
-
▼
março
(36)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário