O mundo despois de Phil Collins

O de hoxe é un día tráxico, un día de loito do que o mundo enteiro tardará en recuperarse, pois o peso de dito loito afundirá mesmo aos máis fortes corazóns. Non hai para min diferenza, permítanme unha comparación que só é frívola en apariencia, entre os atentados do 11-S e este aciago día, 7-M, no que Phil Collins anuncia a súa xubilación. Qué será de nós sen as súas cancións, e, sobre todo, qué será dos nosos nenos, a qué aberracións musicais fican condenados.

Afincado en Suíza, unha vértebra dislocada e algo xordo, 150 millóns de discos vendidos sen contar Genesis, o inigualable artista retírase, non cantará nin comporá máis nada. Lembro os discos que escoitaba un viciño cando eu era un mocoso.
_

4 comentários:

Óscar disse...

Iso vaiche ser o peor, que os nenos quedan condenados á sacrosanta relixión dos 40 e da MTV.
Xa non van poder escoitar ao veciño poñendo cousas como Genesis a todo volume (de John Mayall, os Rolling, Camel ou simplemente Beatles xa nin falamos).

Unknown disse...

Bueno, eu o de Phil Collins dicíao con retranca, porque o viciño en cuestión, que só escoitaba mú-si-ca-de-ca-li-dá, era tan cursi e aburrido como o propio Phil Collins, pero polo demais levas razón, e un panorama dominado pola MTV mete medo.

Óscar disse...

Cala cala, nin con retranca!.
Viches onte algún telexornal?, en todas as canles choraban como nenos pequenos, parecía que palmara o Dalai Lama ou alguén así.
Non saben dar unha noticia "normal". De pena.

Unknown disse...

Non sei, o meu supertelevisor pilla máis de 800 canles (algunha coido que extraterrestre), pero eu son fiel á seriedade de Interconomía.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet