Está feito todo un axitador, Antón Losada. Dende a súa bitácora e o seu twitter queixouse dos políticos que non aceptan debates nin preguntas nas roldas de prensa, convidando aos seus compañeiros de profesión a non cubrir comparecencias reducidas con silandeiro fascismo a propaganda, o que se materializou rapidamente na iniciativa #sinpreguntasnocobertura, aplaudida e apoiada por nomes de peso do xornalismo nacional.
Desculpen o meu receo, pero grupos como o PSOE e UPyD adhíronse con entusiasmo e a mesma rapidez, tamén asinan, encántalles respostar preguntas, qué fará vostede para combater o desemprego?, poñelos a todos a traballar, o meu é un programa serio, oia, quero que quede ben claro; malversou vostede fondos públicos?, quén, eu?, non, amigo da prensa, claro que non, e non quererá arriscar vostede o seu posto de traballo, verdade?, porque podería acusalo de difamación, ou, cunha simple chamada, facer que me traian a súa sucia cabeza nunha bandexa de prata, como naquela película.
Xa me dirán qué cambia. Losada podía preocuparse primeiro por escribir mellor, e se non lle é moi difícil, en galego.
Por certo, aínda hai xente que se traga a pantomima dos debates entre candidatos? Eso é para que te leven de urxencias ao hospital, doutor, doutor, o meu home perdeu a cabeza, non difamaría a un poderoso político?, qué va, moito peor, chega do traballo e ponse a ollar os debates da televisión.
_
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2011
(375)
-
▼
maio
(29)
- Satisfacción na corte de Mou
- E ti, tes problemas na alma?
- A futura cabeza do alcalde
- Ao sisudo analista da vida política do pobo case l...
- O 15-M dende un bandullo educado
- Arquivos vectoriais para persoas
- Furgas para Illustrator
- Santiago dá positivo
- A segunda vida paralela de José Luis Rodríguez “El...
- Así non hai que repartir
- A palestina é bela
- Memoria do porvir
- O crítico non foi compracido
- Alberto García-Alix
- Canteira de terror
- Terroristas no escuro teatro
- Os marcianos votan PP
- Os porcos sempre foron máis intelixentes
- Mantracelta
- Soidade contra unha montaña, como sempre
- Giro de Italia, antimateria
- Un baile na festa da democracia
- Mañá venres no CGAC
- Cidadán con dereitos
- A outra Interpol
- Puido escoller unha vida normal
- Unha gozada ollar como traballa
- Xeitos de perder a cabeza
- Unha frase para Telmo
-
▼
maio
(29)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário