A quen lle importe o Granada que erga a man
















Esta foto é do Faro, non podía ser doutro medio. Posa Paris Hilton logo dunha mariscada, no despacho de billetes de Balaídos, amosando a súa entrada para o partido de mañá, o primeiro das eliminatorias para ascender a primeira. O rival é o Granada, que nos visitará coa ausencia, “a sensible baixa”, do seu goleador, o hispano-suízo Alex Geijo, un rapaz intelixente.

Dirán os Planetas que en Granada tamén teñen unha tenda Stradivarius, como se na franquía venderan violíns en lugar de moda barata. Nunca pasan do superficial. Paris Hilton é do Celta, non imos deixala soa.
_

2 comentários:

qwerty disse...

Oes, e a Paris Hilton esta tamén vén a Río Baixo?. Dille que se traia algunha amiga, a ver se hai lío.

(mira que se subimos e por riba ligamos...!)

Unknown disse...

Quen vaia hoxe a Balaídos liga aínda que non queira; confírmanme en redacción que tamén van Shakira, Beyoncé, Angelina Jolie... e... esto debe ser un erro... Dolores de Cospedal, señor, qué fixemos nós para merecer esto. Vou para Río Alto, agardando que non suba ata alí o seu bafo, ajjj.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet