Nanorrelato que si lle enviarei a El País

Corto e pego do propio xornal, sección política, con esos laranxas tan atrevidos que se gastan. Enviareilles un nanorrelato escrito por un dos seus (a lo menos suponse que estará en nómina), Javier Martín, Obama-McCain, sí; pero R&R, no (un título case sobrenatural, por dicir algo):

“En tierras de bipartidismo absoluto casi todas las teles autonómicas programaron el debate. La excepción corrió a cargo de uno de los reinos del PP, Galicia. Tele Galicia pasó de Rajoy. Ni en sus dos teles ni en sus emisoras de radio recogió el debate en directo. Siguió con su programación habitual, el capítulo 121 del exitoso serial Padre Casares.”

Tamén xa lle vale, qué é eso de “Tele Galicia y sus dos teles”, TVG, coño, que vivimos tempos propicios para chamarnos a ofensa, aiváloquenosallamao, tele galicia, pos anda que vos, jo, en Tele Galicia, ademais do Padre Casares, temos a Gayoso e a Superpiñeiro, e unha poetisa un-der-ground que reinterpreta en horario de máxima audiencia os clásicos de Juan Pardo que non escoitou na súa vida, quero un avogado pero xa.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Estimado sr. director:
escríbolle en nome de Pepe & Sons, e logo de ler a súa ben argumentada posición permítame ofrecerlle os nosos servizos. Por un módico prezo poderá gozar dunha defensa legal con toda garantía.
Debería saber que Tele Galicia (antes TVG, e antes Tele Gaita) é cliente da nauseabunda De La Mirinda & Sons, famosa pola súa praxe opaca e métodos dictatoriais. De feito, un antigo traballador (faise chamar "Enriqueta", para evitar represalias) xa os demandou utilizando os nosos servizos, e por algo será.
En espera da súa resposta, despídome desexándolle un bo día.

Asdo:
Pepe Junior, Director Adxunto da firma Pepe & Sons.

Unknown disse...

Aljo farían, vale, pero entón como é posible que chamaran á miña porta ofrecéndome os seus servicios, os de De La Mirinda, quero dicir? Ata me prometeron fibra óptica e tres botellas de Syrah.

Vou chamar a Enriqueta a ver se mo aclara (e só para eso, malpensados).

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet