Asoballaremos o bipartidismo, derrubarémoslle aos xigantes de barro e cobiza os seus viveiros de votos, adeus vomitiva UPyD, prenderemos a Gloria Lago e Anxo Lorenzo nunha gaiola diglósica, sentímolo, bloqueiros e demais familia, alguacís da última esperanza, pero estamos chamados a arrasar. Alfonso Rueda, o presunto cerebro do presidente de todos os galegos, pode convocar eleccións cando queira.
O noso programa é o noso slogan (idea dun redactor do Proceso de rexistro): Peludos para todos. Porque defendemos o dereito a unha morte digna de ácido úrico. Pániker está connosco, e Vicente apúntase a un bombardeo atómico e pon a empanada.
_

2 comentários:
Estimado sr. director:
En vistas á súa facilidade de palabra e ao seu estilo moderno, directo e envolvente (vamos, que é un liante), na asemblea de onte decidimos nomealo presidente do partido.
Vicente votou a favor.
Entre as aúas funcións está a de catar todo canto peludo se nos poña por diante, e debe tamén nomear ao catador de albariño, traballo para o cal presento a miña candidatura.
PD: Mimadriña, Gloria Lago e Anxo Lorenzo pechados nunha gaiola... ummmh!, só de pensalo xa me poño cachondo.
Merda, de catador do albariño quería ir eu; de onde cre que saco a facilidade de palabra á que alude? Temos que convocar unha asemblea extraordinaria pero xa.
Vou avisando aos músicos.
Postar um comentário