Ti paraches en algún sitio

Esa é a pregunta e-sen-cial, nada de quén somos de ónde vimos ónde imos, paraches en algún sitio? quén, eu? ollos grandes, bicicletas verdes, á horterada de facerse preguntas tópicas sobre a tópica existencia engadámoslle o matrimonio, o adulterio, os horarios de Iberia, as películas consideradas interesantes, o café e a prensa, os prexuicios propios e alleos, mentira, porque os prexuicios son sempre propios pero non se recomenda confesalo, xardín botánico de Bruxelas, un loiro longo, bueno, pero ti paraches en algún sitio, que te coñezo.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Na versión da miña avoa: de donde vés?, cun ton ameazante.
Ou tamén: ti xa non vés só!, cun ton de reproche.
E seguramente haberá unhas cantas que non coñecemos.
Iso si, a resposta de "quen, eu?" resume case unha filosofía de vida:)

Aahhh, a riqueza do galego oral!.

Unknown disse...

Por moita Dieffenbachia ou cana do mudo co que pretendan decorarnos a derrota, nunca derrotarán á lingua esos subnormais de San Caetano. Non é cuestión heroica.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet