Trapicheando cunha dor que non é súa

En El País e Público, sempre á esquerda do PP, podía lerse o seguinte titular: “Estrella Morente canta a su padre y se derrumba ante su féretro”. En El País poñían o vídeo, de-ca-li-da-de, por-su-pos-to. Hai que tocarse os collóns. Estiven escoitando “Omega”; recoñezo que me atrapou a súa violencia, unha violencia que recolle os versos de Lorca dun xeito natural, para sacarlles unha violencia inédita, outra violencia, ou a violencia que os domesticados lectores do Lorca/Icona ignoran (pero non é un disco contra os idiotas, é unha búsqueda limpa e cega...). Créome eso de que o trataran como un apestado... os mesmos que agora escriben titulares nauseabundos como o citado, e que alí andan, de campeóns transidos de dor.
_

2 comentários:

Óscar disse...

-Disco Omega: reconciliación coa "fusión" sen fusión nin tonterías. Singularmente a canción Aleluya: un canto á universalidade da linguaxe musical.
-E os hipócritas que o trataron como un apestado veñen agora de paladíns da modernidade.

"Agora a sair na foto, e non sorrían que isto é un funeral, vaise notar moito".

Unknown disse...

Estou por ir alá de figurante. Malo será que o Ministerio de Cultura non che dea un bocata de calamares e unha Coca-Cola.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet